Abriu e impulsou unha liña de investigación estratéxica, a que trata do procesamiento automático do idioma español para integralo en sistemas intelixentes e multitude de aplicacións.[1] Os seus logros científicos plásmanse nas súas publicacións, nos proxectos de investigación que en moitas ocasións incluían a amplos consorcios que logrou reunir e liderar con éxito, e nas vinte teses doutorais que dirixiu.[2][3]
A súa capacidade de liderado plasmouse en múltiples esforzos para a promoción e construción da comunidade científica nas súas áreas de traballo:
Vicepresidenta da COSCE (Confederación de Sociedades Científicas de España) desde marzo do 2009
Fundadora da sociedade científica SEPLN en 1983 (Sociedade Española para o Procesamiento da Linguaxe Natural)
Fundadora da sociedade científica AEPIA (Asociación Española para a Intelixencia Artificial),
Fundadora da sociedade científica Iberamia (Iberoamericana de Intelixencia Artificial).
Membro do "Working Group 3.6" do IFIP.
Membro do comité da Global Wordnet Association.
Membro (grupo UNED) de ELSNET, Rede de excelencia en Human Languages Technologies até 2004
Membro do “board” do SIG CSCL, Kaleidoscope, desde o 2004
Membro do “board” do SIG AI&ED, Kaleidoscope, desde o 2004
Membro do “steering committee” do Cros Language Evaluation Forum (CLEF), desde a súa fundación.
Membro do comité asesor do Instituto IMDEA de redes (2007-2010)
Formou parte moi activa nas axencias de avaliación de investigación e docencia. Como organizadora ou promotora tamén participou en numerosas actividades de difusión da investigación no ámbito nacional, iberoamericano e europeo.
Premios
Na súa vida profesional Verdejo foi obxecto de numerosos recoñecementos da comunidade investigadora.
Cabe destacar que en 2002 foi nomeada ECCAI Fellow, a máis alta distinción das asociacións europeas en Intelixencia Artificial.[4]
Premio Nacional de Informática José García Santesmases en 2014 á Traxectoria Profesional para investigadores en enxeñaría informática que realizaron achegas significativas de promoción, apoio, e investigación da Informática ao longo da súa vida.[5]