Universidade do País VascoEuskal Herriko Unibertsitatea Datos xerais Localización País Vasco Fundación 25 de febreiro de 1980 Datos actuais Reitor Nekane Balluerka Profesores 2.017 (2016-17) Alumnos 43.380 (2016-17) Datos de contacto Enderezo Barrio Sarriena s/n. Leioa Páxina web www.ehu.es [ editar datos en Wikidata ]
A Universidade do País Vasco (en éuscaro : Euskal Herriko Unibertsitatea ), abreviada UPV-EHU , é unha universidade pública vasca que foi creada en 1980 a partir da Universidade de Bilbao e esténdese por todo o territorio do País Vasco .
A súa lema, en éuscaro , é Eman ta zabal zazu (Dáo e difúndeo ), que é á súa vez un verso do Gernikako Arbola , un himno vasco do século XIX . O seu emblema foi deseñado polo escultor Eduardo Chillida na década de 1970 , e converteuse en símbolo reivindicativo na Transición . Dende 2017 a súa reitora é Nekane Balluerka.[ 1]
Campus universitarios
Campus de Biscaia
Facultade de Ciencia e Tecnoloxía
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Facultade de Belas Artes
Escola Universitaria de Relacións Laborais
Escola Universitaria de Enfermería
Facultade de Dereito - Sección Biscaia
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Sarriko (Ibarrekolanda)
Escola Universitaria de Maxisterio (Arangoiti)
Escola Técnica Superior de Enxeñería (San Mamés)
Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial (La Casa)
Escola Universitaria de Estudos Empresariais (Centro)
Unidade Docente de Medicamento (Hospital de Basurto)
Aulas da Experiencia (Zona vella)
Colexio Maior Miguel de Unamuno (San Ignacio)
Residencia de estudantes Blas de Otero
Colexio Maior Bidealde
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas Navais
Escola Universitaria de Enxeñería Técnica de Minas e Obras Públicas
Unidade Docente de Medicamento (Hospital de Cruces)
Campus de Guipúscoa
Aulario do Campus de Guipúscoa, en Donostia .
Facultade de Ciencias Químicas
Facultade de Dereito
Facultade de Psicoloxía
Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación
Facultade de Informática
Escola Técnica Superior de Arquitectura
Escola Universitaria Politécnica
Escola Universitaria de Estudos Empresariais
Escola Universitaria de Maxisterio
Escola Universitaria de Enfermería (Cidade Sanitaria de San Sebastián)
Unidade Docente de Medicamento (situada xunto coa Escola Universitaria de Enfermería)
Aulas da Experiencia
Escola de Enxeñería Técnica Industrial
Campus de Áraba
Aulario e biblioteca do Campus de Álava, en Vitoria .
Facultade de Farmacia
Facultade de Letras
Escola Universitaria de Enxeñería
Escola Universitaria de Maxisterio
Escola Universitaria de Traballo Social
Escola Universitaria de Empresariais
Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Unidade Docente de Medicamento (fóra do campus)
Aulas da Experiencia
Escola Universitaria de Enfermería (centro público adscrito á Universidade do País Vasco)
Véxase tamén
Ligazóns externas
↑ "Nekane Balluerka, nombrada rectora de la Universidad del País Vasco, integrante del G-9 de Universidades" . Grupo 9 Universidades . Consultado o 20 de marzo de 2021 .