Corporacións democráticas na Coruña dende a aprobación da Constitución de 1978.
As eleccións municipais de 2019 celebráronse na Coruña o domingo 26 de maio, de acordo co Real Decreto de convocación das eleccións locais en España disposto o 1 de abril de 2019 e publicado no Boletín Oficial do Estado o 2 de abril.[3] Foron elixidos os 27 membros do Concello da Coruña, a través dun sistema proporcional (método d'Hondt), con listas pechadas e unha barreira electoral do 5 %.
5 listas obtiveron representación: a lista máis votada, a do Partido Popular, obtivo 9 concelleiros (1 menos ca en 2015). A lista do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE tamén acadou 9 concelleiros (3 máis ca en 2015). Marea Atlántica conseguiu 6 concelleiros (4 menos ca en 2015), o Bloque Nacionalista Galego, 2 (1 máis ca en 2015), en canto Cidadáns-Partido da Cidadanía entrou na corporación municipal por primeira vez cunha concelleira.[4][5][6][7] Os resultados completos detállanse a continuación:
Lista de concelleiros elixidos: