No mundo, foi unha época en que se atoparon grandes mudanzas en varios aspectos do cotián, na saúde, nas ciencias e na economía. No escenario económico, ocorreu unha exuberancia significativa, decorrente da circulación de riquezas ocorrida coa migración dalgunhas industrias para pequenos países asiáticos.
1 de maio, morre a primeira vítima da intoxicación por aceite de colza desnaturalizado, a intoxicación alimentaria máis grave de tódolos tempos, con máis de 20 000 afectados.
6 de febreiro - Trasládase a Klaus Barbie ao forte de Montcluc (Francia), para ser xulgado como autor dos crimes cometidos por forzas alemás baixo o seu mando na segunda guerra mundial.
Realízase o primeiro transplante de páncreas en España.
Irán leva a cabo unha grande ofensiva contra Iraq.
Ábrense as portas do remodelado "Palacio de El Pardo" (Madrid), destinado no futuro á residencia de Xefes de Estado estranxeiros en visita a España.
13 de febreiro - Morren sesenta e catro xoves italianos no incendio dun cine en Turín.
14 de febreiro - Ariel Sharon dimite como Ministro de Defensa de Israel, acusado de instiga-la matanza nos campos de palestinos de Sabra e Chatila (Beirut).
A dimisión de Landelino Lavilla como presidente de UCD prevese como indicio da fin dese partido.
"Venres Negro" en Venezuela: Logo dun século de estabilidade económica, o Banco Central anuncia a desvalorización do bolívar venezolano, dando comezo a unha prolongada crise económica no país petroleiro.
10 de setembro - Inicio de emisións de "Televisió de Catalunya" (TV3)
23 de setembro - Na Arxentina, un operario comete un erro durante a reconfiguración dun panel de combustible, causando un accidente de criticidade, nun reactor experimental.
O Presidente Luis Alberto Monge proclama a Neutralidade Perpetua, activa e non armada de Costa Rica. Que resultaría ser unha máscara política, ante os intereses geopolíticos estadounideses na area, polo ascenso do sandinismo en Nicaragua
27 de novembro: - Accidente aéreo en Madrid, dun avión Boeing 747 da aeroliña Avianca, que estaba a cubrir o voo Charles de Gaulle París - El Dorado Bogotá.
Explosión de dúas bombas en Francia. Unha, nun tren de París, mata a 3 persoas e fere a outras 19. A outra, nunha estación de Marsella, mata a 2 e fere a 34.
12 de xullo: Nace Victoria Anna Sánchez Perea, resultado da primeira fecundación in vitro en España, no Instituto Universitario Dexeus de Barcelona[6].
19 de xullo: Data do derradeiro avistamento do barco pesqueiro galego Montrove no caladoiro canario-sahariano. Desapareceron 16 persoas.[7] A maioría dos tripulantes procedía do concello de Bueu.[8]
12 de marzo - Celébrase unha consulta por Referendo pola permanencia de España na OTAN, obtendo os seguintes resultados: votos a favor 52,49 %, votos en contra 39,87 %, votos en branco 6,53 % e nulos 1,11 % dos votos emitidos.
26 de abril: na central nuclear de Chernóbil, Ucraína, prodúcese a maior catástrofe nuclear da historia. Á 01:23 a. m. no reactor número 4 prodúcese unha explosión por mor dunha proba de seguridade, realizada de forma incorrecta sumada á inseguridade dos reactores RBMK, ceibando toneladas de combustíbel nuclear á atmosfera, polo que en días posteriores debeuse evacuar aos habitantes da cidade de Pripyat e os seus arredores. Naquel entón, Ucraína era parte da Unión Soviética.
20 de decembro - O buque Doña Paz afúndese após chocar contra un petroleiro, ocasionando 4.341 vítimas mortais, facendo desta traxedia a maior catástrofe marítima en tempo de paz.
Acordo entre Irán e Iraq para o intercambio de prisioneiros e a retirada de tropas ás fronteiras existentes antes da guerra nun prazo máximo de 15 días.
Augusto Pinochet é derrotado no plebiscito celebrado en Chile e perde o poder que ostentaba dende o seu golpe de Estado de 1973.
Aterraxe do transbordador espacial norteamericano "Discovery" na base aérea de Edwards (deserto de Mojave), culminando con éxito a primeira misión da NASA dende o fatal accidente do Challenger no 1986.
Fúndase Galiza Nova, organización das mocidades do BNG.
17 a 20 de marzo - Guerra de Independencia de Eritrea: A Fronte de Libertación Popular da Eritrea derrota o exército etíope e entra na cidade de Afabet.