Diego Martínez Barrio

Modelo:BiografíaDiego Martínez Barrio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1883 Editar o valor en Wikidata
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1962 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Fernando en Sevilla (2000–)
Saint-Germain-en-Laye (1962–2000) Editar o valor en Wikidata
Presidente do Consello de Ministros
18 de xullo de 1936 – 19 de xullo de 1936
← Santiago Casares QuirogaJosé Giral →
Xefe de Estado de España
7 de abril de 1936 – 11 de maio de 1936
← Niceto Alcalá-ZamoraManuel Azaña →
Presidente das Cortes
16 de marzo de 1936 – 31 de marzo de 1939
← Santiago Alba Bonifaz
Deputado nas Cortes republicanas
21 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Madrid (capital)
Ministro de Gobernación
23 de xaneiro de 1934 – 3 de marzo de 1934
← Manuel Rico AvelloRafael Salazar Alonso →
Ministro da Guerra
16 de decembro de 1933 – 23 de xaneiro de 1934
← Vicente Iranzo EnguitaDiego Hidalgo y Durán →
Deputado nas Cortes republicanas
28 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Sevilla (capital) (en) Traducir
Presidente do Consello de Ministros
8 de outubro de 1933 – 16 de decembro de 1933
← Alejandro LerrouxAlejandro Lerroux →
Ministro de Gobernación
12 de setembro de 1933 – 8 de outubro de 1933
← Santiago Casares QuirogaManuel Rico Avello →
Deputado nas Cortes republicanas
7 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Sevilla (capital) (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xornalista, industrial Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Radical Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мартинес Баррио Диего)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX996668 Find a Grave: 9570674 Editar o valor en Wikidata

Diego Martínez Barrio, nado en Sevilla o 25 de novembro de 1883 e finado en París o 1 de xaneiro de 1962, foi un político español.

Traxectoria

De procedencia humilde, pois era fillo dun albanel e unha vendedora de mercado, comezou a súa vida política no anarquismo. Despois moderou as súas ideas, ao converterse nun dos animadores do republicanismo local, concelleiro en Sevilla e membro do Partido Republicano Radical. Participou no Comité Revolucionario (1930) e foi ministro de comunicacións no goberno provisorio tras proclamarse a II República española (14 de abril - 15 de decembro de 1931), e voceiro da minoría radical no Congreso dos Deputados. Tras entrar en crise o goberno Azaña, foi ministro de Gobernación no primeiro goberno de Alejandro Lerroux, apenas un mes, xa que o 9 de outubro de 1933 foi nomeado presidente do Consello de Ministros coa única intención de convocar eleccións, que lle deron a vitoria ao centro dereita e Martínez Barrio pasou a ocuparse do Ministerio da Guerra (16 de decembro de 1933 - 28 de abril de 1934). Enfrontado coa política reaccionaria de Lerroux, abandonou o partido, fundando Unión Republicana, da que foi o seu líder.

Posteriormente, integrada a Unión Republicana na Fronte Popular, Martínez Barrio foi elixido Presidente das Cortes e exerceu de forma interina como Presidente da Segunda República Española, no período comprendido entre o 7 de abril e o 10 de maio de 1936, con motivo da destitución de Niceto Alcalá-Zamora.

Na noite do 18 ao 19 de xullo de 1936, Manuel Azaña, trala dimisión de Santiago Casares Quiroga, encargoulle formar goberno para intentar deter a sublevación que daría orixe á guerra civil española pero, fracasado o seu intento, presentou a dimisión, durando o seu goberno só 3 horas. Foi entón substituído por José Giral.

Tras a caída da República exiliouse, primeiro a Francia. Foi presidente interino da República tras a renuncia de Azaña o 27 de febreiro de 1939, e despois a Cuba.[1] Posteriormente pasou a México, onde en 1945 foi designado Presidente da República no exilio ata a súa morte. Finalmente volve a París, onde morre. Trinta e oito anos máis tarde, no 2000, os seus restos foron trasladados a Sevilla, a súa cidade natal.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!