Saint-Germain-en-Laye

Modelo:Xeografía políticaSaint-Germain-en-Laye
Imaxe

Localización
Mapa
 48°53′47″N 2°05′26″L / 48.8964, 2.0906
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsIlla de Francia
DepartamentoYvelines
Distritosarrondissement of Saint-Germain-en-Laye (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación44.380 (2021) Editar o valor en Wikidata (854,45 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921672 Traducir
Paris unité urbaine (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie51,94 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 2019 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal78100 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Aschaffenburg (1975–)
Temara (pt) Traducir (1982–)
Ayr (1984–)
Winchester (pt) Traducir (1990–)
Konstancin-Jeziorna (pt) Traducir (1992–)
Schwelm (2007–) Editar o valor en Wikidata

Sitio websaintgermainenlaye.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: villesaintgermainenlaye Instagram: villesaintgermainenlaye Editar o valor en Wikidata

Saint-Germain-en-Laye é unha comuna francesa e cidade do departamento de Yvelines, na rexión da Illa de Francia.

O municipio é na actualidade unha subprefectura, e a sede administrativa do distrito de Saint-Germain-en-Laye e a capital do cantón de Saint-Germain-en-Laye.[1]

Xeografía

Situada a unha altitude entre os 22 e os 176 msnm, ocupa unha extensión de 53,09 km².[1]

A 1 de xaneiro de 2018 contaba cunha poboación de 44 750 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 843 hab./km².[Cómpre referencia]

Saint-Germain-en-Laye é alcumado como o "maior centro comercial ao aire libre ao oeste de París", xa que conta con máis de 800 tendas, a maioría delas situadas no centro histórico.[2]

Saint-Germain-en-Laye é a sede de Ford France, e das filiais francesas de Bose Corporation e Cargill, entre outras. A estación de tratamento de augas residuais Sena-Aval do Syndicat interdépartemental pour l'assainissement de l'agglomération parisienne (SIAAP), a depuradora de augas residuais maior da área de París, está en funcionamento desde 1940 e trata unha media de 1,5 millóns de m³ de auga por día.[3]

A agricultura só xoga un papel moi pequeno na economía do municipio.

Demografía

Serie de poboación histórica de Saint-Germain-en-Laye
(Fonte/s: INSEE)
Ano1793180018461866187218961901191119211931194619681975198219992007
Poboación13 4008 95413 48817 47822 86216 48917 29718 34420 00821 99622 01338 30837 50938 49938 42341 517

Historia

Saint-Germain-en-Laye foi fundada en 1020 cando o rei Roberto o Piadoso (9961031) fundou un convento no lugar da actual igrexa de Saint-Germain. Antes da Revolución francesa en 1789 foi unha cidade real, e a residencia de numerosos monarcas franceses.

O vello castelo de Saint-Germain-en-Laye foi construído en 1348 polo rei Carlos V sobre a base dun castelo máis antigo que databa da época de Lois IX, san Lois, en 1238. A Francisco I débese l restauración seguinte, e despois os reis Henrique IV e Lois XIII deixaron as súas pegadas na cidade.

Lois XIV naceu alí, e converteuna na súa residencia principal de 1661 a 1681. Lois XIV recibiu no castelo ao seu curmán, o rei Xacobe II Estuardo, cando volveu do seu exilio en Gran Bretaña. O rei Xacobe viviu no castelo durante 13 anos, a a súa filla Luísa Maria Estuardo naceu alí en 1692. Os seus restos repousan na igrexa da cidade.

Durante a Revolución francesa cambióuselle o nome, como a moitas outras cidades cuxos nomes teiñan connotacións de igrexa ou realeza. Saint-Germain-en-Laye transformouse en Montagne-du-Bon-Air.

No século XIX, Napoleón estableceu a súa escola de oficiais de cabalaría no Castelo Vello. En 1867 Napoleón III construíu o Museo de Antigüidades Nacionais, no que se expoñen obxectos procedentes desde o paleolítico até a época merovinxia.

O 10 de setembro de 1919 asinouse no castelo o Tratado de Saint-Germain. Este tratado estableceu a paz entre os aliados da Tripla Entente e Austria, e consagrou a desaparición da Monarquía Austro-Húngara.

Durante a ocupación nazi, desde 1940 até 1944, foi o Cuartel Xeral da Wehrmacht en Francia.

Creación da comuna

A comuna creouse o 1 de xaneiro de 2019 ao fusionarse os municipios anteriormente independentes de Saint-Germain-en-Laye e Fourqueux, que desde entón teñen o status de Communes déléguées. A sede administrativa está en Saint-Germain-en-Laye.[4]

Galería

Notas

  1. 1,0 1,1 Saint-Germain-en-Laye en cassini.ehess.fr.
  2. "Le plus grand centre commercial à ciel ouvert de l’ouest parisien". Oficina do Comercio de Saint-Germain-en-Laye. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  3. "Seine Aval". SIAAP. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  4. Recueil des actes administratifs Yvelines. Consultado o 23 de xullo de 2021.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Le Patrimoine des Communes des Yvelines. París: Flohic Editions, 2000, ISBN 2-8423-4070-1, pp. 844–881.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!