Daniel Barredo Ibáñez, nado en Bilbao o 24 de xuño de 1981, é un escritor vasco en lingua castelá, coñecido como Daniel Barredo.
Traxectoria
Viviu en cidades como Leeds, Londres ou Budapest, onde exerceu diversos empregos. Está licenciado en Filoloxía Hispánica e en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Granada. É doutor en Periodismo pola Universidade de Málaga[1] cunha tese sobre a caracterización informativa do rei Juan Carlos I de España na prensa dixital.
Obra
Prosa
En decembro de 2011 gañou o certame Andalucía Joven de Narrativa coa novela A viaxe a Budapest (El viaje a Budapest),[2] publicada pola editorial Berenice en marzo de 2012, dentro da colección Nova. É unha novela xeracional ambientada en Granada e Budapest, tratando temas como a sexualidade, a literatura, as expectativas vitais ou a situación económica e laboral.
En xaneiro de 2012 gañou o III Premio Plan Joven do concello de Granada coa novela La rebelión de las tortugas.
O seu último traballo é El tabú real. La imagen de una monarquía en crisis[3], publicado en 2013.
Poesía
En 2003 publicou El fruto del deseo, e o seu segundo poemario foi Oda a la miseria, gañador do premio Federico García Lorca e publicado por Point de Lunettes en 2009.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas