Rango 53º
(magnitude < 3)
(magnitude ap. 3,57)
lindeiras
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de abril
Crater ou Copa[1] é unha das 88 constelacións e tamén foi unha das 48 listadas por Tolomeo. Dise que representa a copa de Apolo. Non ten estrelas cun brillo maior á cuarta magnitude.
γ Crateris é unha binaria pechada, cunha magnitude de 4,06 , un ángulo de posición de 96° e unha separación de 52". A súa compañeira é de 9,6. Este sistema está localizado a 84 anos luz do Sol.
R Crateris é unha semiregular variable do tipo SRb e unha clasificación espectral de M7. Ten unha magnitude de 9,8 a 11,2 e un período óptico de 160 días.
SZ Crateris é de magnitude 8,1 e é unha estrela variable. É un sistema estelar localizado bastante preto de nós, a uns 44 anos luz. Tamén é identificada co nome de Gliese 425, e no pasado foi coñecida coma a estrela de Abt.
NGC 3511 é unha galaxia en espiral cunha barra difuminada preto do bordo, do tipo SBbc. É un membro do cúmulo de galaxias Abell 1060. Esta galaxia e dunha magnitude de 12, e dun tamaño de 4' x 1'.
NGC 3887 é unha galaxia de espiral barrada do tipo SBc, de magnitude 11, cun diámetro de 3,5'.
NGC 3981 é unha galaxia espiral con dous brazos ben separados, do tipo SBbc. A súa magnitude e 12 cun diámetro de 3'. Esta galaxia foi descuberta por William Herschel no 1785.
Na mitoloxía grega, un corvo servía a Apolo, e foi enviado a traer auga, pero este quedou a esperar que uns figos dunha figueira madurasen para poder comelos. Despois de varios días de espera, e de finalmente obte-la auga na fonte, regresou levando ademais do cráter onde levaba a auga, unha serpe de auga (chamada tamén hidra), e coma escusa pola súa tardanza explicou que esta serpe bebíase cada día a auga da fonte (noutros relatos o corvo dicía que a serpe o tiña atacado). De acordo co mito, Apolo descubriu o engano, e furioso mandou o corvo, ó cráter e a serpe ó ceo. A orixe desta fábula é debido á proximidade desta constelación coas do Corvus, e da Hydra, na área do firmamento coñecida coma Mar.