Clorofílida

Clorofílida

Clorofílida a
Identificadores
Número CAS 14897-06-4, 14428-12-7
PubChem 439664, 15775275
ChemSpider 388735, 34999243
ChEBI CHEBI:16900
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C35H34MgN4O5
Masa molecular 614,973 g/mol
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

As clorofílidas son os precursores das clorofilas. A clorofílida a e a clorofílida b son os precursores biosintéticos da clorofila a e a clorofila b, respectivamente. Os seus grupos de ácido propiónico son convertidos en fitil ésteres polo encima clorofila sintase no paso final da súa ruta de síntese. Así, o principal interese destes compostos químicos foi no estudo da biosíntese da clorofila nas plantas, algas e cianobacterias. A clorofílida a é tamén un intermediario da biosíntese das bacterioclorofilas.[1][2]

Estruturas

Clorofílida a, (R=H). Na clorofílida b, o grupo metilo mostrado no cadro verde é substituído por un grupo formilo.

A clorofílida a é un ácido carboxílico (R=H). Na clorofílida b o grupo metilo na posición 13 (segundo a numeración da IUPAC para a clorofílida a) e salientado no cadro verde, é substituído por un grupo funcional formilo.

Pasos da biosíntese ata a formación de protoporfirina IX

Artigo principal: Porfirina#Síntese.

Nos pasos iniciais da biosíntese, que empezan co ácido glutámico, créase un tetrapirrol polos encimas desaminase e cosintetase, que transforman o ácido aminolevulínico a través do porfobilinóxeno e o hidroximetilbilano en uroporfirinóxeno III. Este último é o primeiro intermediario macrocíclico común ao hemo, sirohemo, cofactor F430, cobalamina e a propia clorofila.[3] Os seguintes intermediarios son o coproporfirinóxeno III e o protoporfirinóxeno IX, que é oxidado ao composto totalmente aromático protoporfirina IX. A inserción de ferro na protoporfirina IX en, por exemplo, mamíferos dá lugar ao hemo, o cofactor transportador de oxíxeno polo sangue, pero as plantas combinan magnesio en vez de ferro e dan lugar, despois de varias transformacións, á clorofila para a fotosíntese.[4]

Biosíntese de clorofílidas a partir de protoporfirina IX

Os detalles das últimas etapas da vía biosintética da clorofila difiren na plantas (por exemplo Arabidopsis thaliana, Nicotiana tabacum e Triticum aestivum) e bacterias (por exemplo Rubrivivax gelatinosus e Synechocystis) nas cales foi estudada. Porén, aínda que os xenes e encimas varían, as reaccións químicas implicadas son idénticas.[1][5]

Inserción de magnesio

Insírese magnesio na protoporfirina IX

A clorofila caracterízase por ter un ión magnesio coordinado dentro dun ligando chamado clorina. O metal insírese nunha protoporfirina IX polo encima magnesio quelatase[1] que cataliza a reacción EC 6.6.1.1

protoporfirina IX + Mg2+
+ ATP + H
2
O
ADP + fosfato + Mg-protoporfirina IX + 2 H+

Esterificación do grupo propionato do anel C

O seguinte paso cara ás clorofílidas é a formación dun éster metilo (CH3) nun dos grupos propionato, que é catalizada polo encima magnesio protoporfirina IX metiltransferase[6] na reacción de metilación EC 2.1.1.11

Mg-protoporfirina IX + S-adenosilmetionina Mg-protoporfirina IX 13-metil éster + S-adenosil-L-homocisteína

Da porfirina á clorina

O sistema de aneis da clorina fórmase a medida que a cadea lateral propionato esterificada cíclase sobre o anel de profirina principal para formar divinilprotoclorofílida

O sistema de aneis da clorina que ten un anel E de cinco carbonos créase cando un dos grupos propionato da porfirina é ciclado no átomo de carbono que une os aneis C e D pirrólicos orixinais. Unha serie de pasos químicos catalizados polo encima magnesio-protoporfirina IX monometil éster (oxidativa) ciclase[7] dan a reacción global EC 1.14.13.81

Mg-protoporfirina IX 13-monometil éster + 3 NADPH + 3 H+ + 3 O2 divinilprotoclorofílida + 3 NADP+ + 5 H2O

Na cebada os electróns son proporcionados pola ferredoxina reducida, o cal pode obtelos do fotosistema I ou, na escuridade, pola ferredoxina—NADP(+) redutase: a proteína ciclase é nomeada XanL e está codificada polo xene Xantha-l.[8] En organismos anaerobios como o Rhodobacter sphaeroides ocorre a mesma transformación global pero o oxíxeno incorporado no magnesio-protoporfirina IX 13-monometol éster procede da auga na reacción EC 1.21.98.3.[9]

Pasos da redución a clorofílida a

Cómpren dúas transformacións máis para producir clorofílida a. Ambas son reaccións de redución: unha converte un grupo vinilo a un grupo etilo e a segunda engade dous átomos de hidróxeno ao anel pirrólico D, aínda que se mantén a aromaticidade global do macrociclo. Estas reaccións proceden independentemente e nalgúns organismos a secuencia é invertida.[1] O encima divinil clorofílida a 8-vinil-redutase[10] converte a 3,8-divinilprotoclorofílida en protoclorofílida na reacción EC 1.3.1.75

3,8-divinilprotoclorofílida + NADPH + H+ protoclorofílida + NADP+
A redución do anel D da protoclorofílida completa a biosíntese da clorofílida a

A isto segue a reacción EC 1.3.1.33 na cal o anel D pirrólico é reducido polo encima protoclorofílida redutase[11]

protoclorofílida + NADPH + H+ clorofílida a + NADP+

Esta reacción é dependente da luz pero hai un encima alternativo, a ferredoxina:protoclorofílida redutase (ATP-dependente),[12] que usa a ferredoxina reducida como o seu cofactor e non depende da luz; realiza unha reacción similar EC 1.3.7.7 pero co substrato alternativo 3,8-divinilprotoclorofílida

3,8-divinilprotoclorofílida + ferredoxina reducida + 2 ATP + 2 H2O 3,8-divinilclorofílida a + ferredoxina oxidada + 2 ADP + 2 fosfato

Nos organismos que usan esta secuencia alternativa de pasos de redución, o proceso complétase pola reacción EC 1.3.7.13 catalizada por un encima que pode utilizar diversos substratos e realiza a redución do grupo vinilo requirida, por exemplo neste caso

3,8-divinilclorofílida a + 2 ferredoxina reducida + 2 H+ clorofílida a + 2 ferredoxina oxidada

Da clorofílida a á clorofílida b

A clorofílida a oxixenase é o encima que converte a clorofílida a en clorofílida b[13] catalizando a reacción global EC 1.3.7.13

clorofílida a + 2 O2 + 2 NADPH + 2 H+ clorofílida b + 3 H2O + 2 NADP+

Uso na biosíntese das clorofilas

Clorofilas a, b e d

A clorofila sintase[14] completa a biosíntese da clorofila a ao catalizar a reacción EC 2.5.1.62

clorofílida a + fitil difosfato clorofila a + difosfato

Isto forma un éster do grupo ácido carboxílico da clorofílida a co alcohol diterpeno de 20 carbonos fitol. A clorofila b prodúcea o mesmo encima actuando sobre a clorofílida b. O mesmo ocorre coas clorofilas d e f, ambas as dúas feitas a partir das correspondentes clorofílidas, que en último extremo se orixinan da clorofílida a.[15]

Uso na biosíntese de bacterioclorofilas

As bacterioclorofilas son os pigmentos captadores de luz das bacterias fotosinteticas. Non producen oxíxeno como produto secundario. Hai moitas destas estruturas, pero todas están relacionadas biosinteticamente ao derivaren da clorofílida a.[1][16]

BChl a: anel de bacterioclorina e cadeas laterais

A bacterioclorofílida a (R=H). Os intermediarios iniciais teñen un grupo vinilo ou grupo 1-hidroxietil en lugar do grupo acetilo mostrado.

A bacterioclorofila a é un exemplo típico; a súa biosíntese foi estudada en Rhodobacter capsulatus e Rhodobacter sphaeroides. O primeiro paso é a redución (con estereoquímica trans) do anel pirrólico B, dando o sistema aromático característico de 18 electróns de moitas bacterioclorofilas. Isto é levado a cabo polo encima clorofílida a redutase, que cataliza a reacción EC 1.3.7.15.

clorofílida a + 2 ferredoxina reducida + ATP + H2O + 2 H+ 3-desacetil 3-vinilbacterioclorofílida a + 2 ferredoxina oxidada + ADP + fosfato

Os dous pasos seguintes converten primeiro o grupo vinilo no grupo 1-hidroxietil e despois no grupo acetilo da bacterioclorofílida a. As reaccións son catalizadas pola clorofílida a 31-hidratase (EC 4.2.1.165) e bacterioclorofílida a deshidroxenase (EC 1.1.1.396) como segue:[2][17]

3-desacetil 3-vinilbacterioclorofílida a + H2O 3-desacetil 3-(1-hidroxietil)bacterioclorofílida a
3-desacetil 3-(1-hidroxietil)bacterioclorofílida a + NAD+ bacterioclorofílida a + NADH + H+

Estas tres reaccións catalizadas por encimas poden ocorrer en diferente secuencia para producir bacterioclorofílida a, que pode ser esterificada aos pigmentos finais da fotosíntese. O fitil éster da bacterioclorofila a non é unido directamente, senón que o intermediario inicial é o éster do R=xeranilxeranil (do xeranilxeranil pirofosfato) que é despois sometido a pasos adicionais nos que se reducen tres dos enlaces alqueno das cadeas laterais.[17]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Willows, Robert D. (2003). "Biosynthesis of chlorophylls from protoporphyrin IX". Natural Product Reports 20 (6): 327–341. PMID 12828371. doi:10.1039/B110549N. 
  2. 2,0 2,1 Bollivar, David W. (2007). "Recent advances in chlorophyll biosynthesis". Photosynthesis Research 90 (2): 173–194. PMID 17370354. doi:10.1007/s11120-006-9076-6. 
  3. Battersby AR, Fookes CJ, Matcham GW, McDonald E (maio de 1980). "Biosynthesis of the pigments of life: formation of the macrocycle". Nature 285 (5759): 17–21. Bibcode:1980Natur.285...17B. PMID 6769048. doi:10.1038/285017a0. 
  4. Battersby, A. R. (2000). "Tetrapyrroles: the Pigments of Life. A Millennium review". Natural Product Reports 17 (6): 507–526. PMID 11152419. doi:10.1039/B002635M. 
  5. R. Caspi (2007-07-18). "3,8-divinyl-chlorophyllide a biosynthesis I (aerobic, light-dependent)". MetaCyc Metabolic Pathway Database. Consultado o 2020-06-04. 
  6. Shepherd, Mark; Reid, James D.; Hunter, C. Neil (2003). "Purification and kinetic characterization of the magnesium protoporphyrin IX methyltransferase from Synechocystis PCC6803". Biochemical Journal 371 (2): 351–360. PMC 1223276. PMID 12489983. doi:10.1042/BJ20021394. 
  7. Bollivar DW, Beale SI (setembro de 1996). "The Chlorophyll Biosynthetic Enzyme Mg-Protoporphyrin IX Monomethyl Ester (Oxidative) Cyclase (Characterization and Partial Purification from Chlamydomonas reinhardtii and Synechocystis sp. PCC 6803)". Plant Physiology 112 (1): 105–114. PMC 157929. PMID 12226378. doi:10.1104/pp.112.1.105. 
  8. Stuart, David; Sandström, Malin; Youssef, Helmy M.; Zakhrabekova, Shakhira; Jensen, Poul Erik; Bollivar, David W.; Hansson, Mats (2020-09-08). "Aerobic Barley Mg-protoporphyrin IX Monomethyl Ester Cyclase is Powered by Electrons from Ferredoxin". Plants (en inglés) 9 (9): 1157. PMC 7570240. PMID 32911631. doi:10.3390/plants9091157. 
  9. Porra, Robert J.; Schafer, Wolfram; Gad'On, Nasr; Katheder, Ingrid; Drews, Gerhart; Scheer, Hugo (1996). "Origin of the Two Carbonyl Oxygens of Bacteriochlorophyll a. Demonstration of two Different Pathways for the Formation of Ring e in Rhodobacter sphaeroides and Roseobacter denitrificans, and a Common Hydratase Mechanism for 3-acetyl Group Formation". European Journal of Biochemistry 239 (1): 85–92. PMID 8706723. doi:10.1111/j.1432-1033.1996.0085u.x. 
  10. Parham, Ramin; Rebeiz, Constantin A. (1992). "Chloroplast biogenesis: [4-vinyl] chlorophyllide a reductase is a divinylchlorophyllide a-specific, NADPH-dependent enzyme". Biochemistry 31 (36): 8460–8464. PMID 1390630. doi:10.1021/bi00151a011. 
  11. Apel, Klaus; Santel, Hans-Joachim; Redlinger, Tom E.; Falk, Heinz (2005). "The Protochlorophyllide Holochrome of Barley (Hordeum vulgare L.)". European Journal of Biochemistry 111 (1): 251–258. PMID 7439188. doi:10.1111/j.1432-1033.1980.tb06100.x. 
  12. Muraki N, Nomata J, Ebata K, Mizoguchi T, Shiba T, Tamiaki H, Kurisu G, Fujita Y (May 2010). "X-ray crystal structure of the light-independent protochlorophyllide reductase". Nature 465 (7294): 110–4. Bibcode:2010Natur.465..110M. PMID 20400946. doi:10.1038/nature08950. 
  13. Eggink, Laura L.; Lobrutto, Russell; Brune, Daniel C.; Brusslan, Judy; Yamasato, Akihiro; Tanaka, Ayumi; Hoober, J Kenneth (2004). "Synthesis of chlorophyll b: Localization of chlorophyllide a oxygenase and discovery of a stable radical in the catalytic subunit". BMC Plant Biology 4: 5. PMC 406501. PMID 15086960. doi:10.1186/1471-2229-4-5. 
  14. Schmid, H. C.; Rassadina, V.; Oster, U.; Schoch, S.; Rüdiger, W. (2002). "Pre-Loading of Chlorophyll Synthase with Tetraprenyl Diphosphate is an Obligatory Step in Chlorophyll Biosynthesis" (PDF). Biological Chemistry 383 (11): 1769–78. PMID 12530542. doi:10.1515/BC.2002.198. 
  15. Tsuzuki, Yuki; Tsukatani, Yusuke; Yamakawa, Hisanori; Itoh, Shigeru; Fujita, Yuichi; Yamamoto, Haruki (29 de marzo de 2022). "Effects of Light and Oxygen on Chlorophyll d Biosynthesis in a Marine Cyanobacterium Acaryochloris marina". Plants 11 (7): 915. doi:10.3390/plants11070915. 
  16. Senge, Mathias O.; Smith, Kevin M. (2004). "Biosynthesis and Structures of the Bacteriochlorophylls". Anoxygenic Photosynthetic Bacteria. Advances in Photosynthesis and Respiration 2. pp. 137–151. ISBN 0-7923-3681-X. doi:10.1007/0-306-47954-0_8. 
  17. 17,0 17,1 R. Caspi (2015-12-08). "Pathway: bacteriochlorophyll a biosynthesis". MetaCyc Metabolic Pathway Database. Consultado o 2020-06-04. 

Read other articles:

Questa voce o sezione sull'argomento sovrani italiani non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. Agostino BarbarigoRitratto del doge Agostino Barbarigo eseguito da Marco BasaitiDoge di VeneziaStemma In carica30 agosto 1486 –20 settembre 1501 PredecessoreMarco Barbarigo SuccessoreLeonardo Loredan NascitaVenezia, 3 giugno 1419 MorteVenezia...

 

Mercado de Villacerrada Tipo edificio y mercadoLocalización Albacete (España)Coordenadas 38°59′42″N 1°51′35″O / 38.994952777778, -1.8598527777778[editar datos en Wikidata] El Mercado de Villacerrada es un mercado municipal situado en la ciudad española de Albacete.[1]​ El mercado tiene dos plantas con una superficie de 2 900 m² cada una de ellas, sótano y terraza. Asimismo dispone de aparcamiento público.[2]​ Cuenta con 44 establecimi...

 

Glacier in Graham Land, Antarctica Location of Fallières Coast on the Antarctic Peninsula. Kom Glacier (Bulgarian: ледник Ком, romanized: lednik Kom, IPA: [ˈlɛdnik ˈkɔm]) is the 10 km long and 8 km wide glacier on the west side of Hemimont Plateau, Fallières Coast in Graham Land, Antarctica. It is situated south of Forbes Glacier and north of Swithinbank Glacier, drains westwards between Mercury Ridge and Zhefarovich Crag, and flows into Square Bay next n...

Cet article est une ébauche concernant une localité ukrainienne. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Myronivka (uk) Миронівка Héraldique Drapeau Centre-ville de Myronivka. Administration Pays Ukraine Oblast  Oblast de Kiev Raïon Oboukhiv Maire Vitaliy Savenko Code postal 08800 — 08804 Indicatif tél. +380 4474 Démographie Population 11 964 hab. (2013) Géographie Coordon...

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (أبريل 2019) نانسي وير   معلومات شخصية الميلاد 13 يوليو 1915  ملبورن  الوفاة 14 أكتوبر 2008 (93 سنة)   بريزبان  مواطنة أستراليا  الحياة العملية المدرسة الأم الأكاديم

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (سبتمبر 2022) سيف غازي معلومات شخصية الاسم الكامل سيف غازي الحارثي الميلاد 3 أغسطس 1999 (العمر 24 سنة)الإمارات العربية المتحدة الطول 1.71 م (5 قدم 7 1⁄2 بوصة) مركز ال...

14th episode of the 5th season of The X-Files The Red and the BlackThe X-Files episodeEpisode no.Season 5Episode 14Directed byChris CarterWritten byChris CarterFrank SpotnitzProduction code5X14Original air dateMarch 8, 1998 (1998-03-08)Running time45 minutesGuest appearances Mitch Pileggi as Walter Skinner Chris Owens as Jeffrey Spender Nicholas Lea as Alex Krycek Veronica Cartwright as Cassandra Spender Laurie Holden as Marita Covarrubias William B. Davis as Cigarette Smo...

 

دولة الدكتور عمر الرزاز رئيس وزراء الأردن في المنصب4 يونيو 2018 – 12 أكتوبر 2020 العاهل عبد الله الثاني بن الحسين هاني الملقي بشر الخصاونة وزير التربية والتعليم في المنصب14 يناير 2017 – 4 يونيو 2018 العاهل عبد الله الثاني بن الحسين رئيس الوزراء هاني الملقي محمد الذنيبات عزمي محافظة ...

 

Universitas MilanUniversità degli Studi di Milanobahasa Latin: Universitas Studiorum MediolanensisDidirikan1924RektorProf. Enrico DeclevaStaf administrasi2,455Jumlah mahasiswa62,801LokasiMilan, ItaliaTim olahragaCUS Milano (http://www.cusmilano.it/)Situs webwww.unimi.it/ Universitas Milan (Italia: Università degli Studi di Milano, UNIMI) merupakan satu dari universitas terbesar di Italia. Universitas ini terletak di Milan, ibu kota wilayah Lombardia. Universitas ini didirikan pada tahun...

Sekolah Pendeta HKBPDidirikan18831947 (berdiri kembali)2006 (dibuka kembali)DirekturPdt. Robert F.H. Silitonga, M.Th[1]Jumlah mahasiswa15 (Angkatan 2020) Sekolah Pendeta HKBP adalah sebuah perguruan tinggi swasta milik HKBP di Pematangsiantar, Sumatera Utara. Sekolah Pendeta HKBP merupakan salah satu lembaga Pendidikan Teologi HKBP yang mendidik para calon-calon Hamba Tuhan atau Pendeta HKBP. Mereka adalah guru Huria atau guru Jemaat (Parhangir/voorhanger) yang sudah 10 hingga 15 tahu...

 

الإخوة السبعة (بالفنلندية: Seitsemän veljestä)‏    المؤلف ألكسس كيفي  اللغة الفنلندية  الناشر Suomalaisen Kirjallisuuden Seura  [لغات أخرى]‏  تاريخ النشر 1870  تعديل مصدري - تعديل   الإخوة السبعة (بالفنلندية : Seitsemän veljestä) أولى روايات ألكسس كيفي الكاتب الوطني الفنلندي ، تع...

 

Railway station in Hamamatsu, Japan Ona Station尾奈駅Ona Station in December 2009General informationLocationMikkabi-cho, Shimo-Ona 1170-4, Kita-ku, Hamamatsu-shi, Shizuoka-ken 431-1424JapanCoordinates34°47′02″N 137°32′30″E / 34.78389°N 137.54167°E / 34.78389; 137.54167Operated byTenryū Hamanako RailroadLine(s)■ Tenryū Hamanako LineDistance58.1 kilometers from KakegawaPlatforms1 side platformOther informationWebsiteOfficial websiteHistoryOpenedDecembe...

2002 live album by ToadiesBest of Toadies: Live from ParadiseLive album by ToadiesReleasedNovember 19, 2002RecordedMay 10, 2001VenueParadise, Boston, MassachusettsGenreGrungeLength64:31LabelAezra/OrpheusToadies chronology Hell Below / Stars Above(2001) Best of Toadies: Live from Paradise(2002) Rock Show(2007) Professional ratingsReview scoresSourceRatingAllmusic[1] Best of Toadies: Live from Paradise is a live album by Toadies. It was recorded at the Paradise Rock Club in Bost...

 

Census This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Census in Germany – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (December 2017) (Learn how and when to remove this template message) World map showing countries' most recent censuses as of 2020:   2015–2024   2005–2014   ...

 

une vue de Bali en Crète depuis la route la surplombant Bali (Greek: Μπαλί) is a seaside village in the Mylopotamos municipality, Rethymno regional unit, Crete, Greece. It is part of the community Melidoni. Located on the site of ancient Astale, and the harbor of Axus, in more recent times the sleepy fishing village of Bali has been transformed into a popular beach tourism destination. [1] Unlike the island of Bali in Indonesia, Bali in Crete is pronounced with the emphasis on t...

Queen consort of Siam DebsirindraQueen consort of SiamTenure1 April 1851 – 9 September 1862BornMom Chao Ramphoei Siriwong(1834-07-17)17 July 1834Bangkok, SiamDied9 September 1862(1862-09-09) (aged 28)Bangkok, SiamSpouseMongkut (Rama IV)IssueChulalongkorn (Rama V)ChandrmondolChaturonrasmiBhanurangsi SavangwongsePosthumous nameSomdet Phra Debsirindra Phra Boromma RajiniHouseChakri dynastyFatherSiriwong, Prince of MattayaphithakMotherMom Noi Siriwongse Na Ayudhaya Debsirindra (Thai: เ...

 

Smith & Wesson Model 500 Smith & Wesson Model 500 (вверху) и Model 629. Внизу фотографии: патроны .500 magnum и .44 magnum. Тип Револьвер Страна История производства Разработан 2002–2003 Производитель Smith & Wesson Годы производства 2003–настоящее время Характеристики Масса, кг от 1.59 до 2.26 кг.[1] Длина ствола...

 

MyNetworkTV affiliate in Mount Clemens, Michigan WADLMount Clemens–Detroit, MichiganUnited StatesCityMount Clemens, MichiganChannelsDigital: 27 (UHF)Virtual: 38BrandingMy38 WADL DetroitProgrammingAffiliations38.1: MyNetworkTVfor others, see § SubchannelsOwnershipOwnerAdell Broadcasting Corporation (sale to Mission Broadcasting pending;[1] to be operated by Nexstar Media Group under LMA[2])Sister stationsWFDF, The Word NetworkHistoryFoundedSeptember 25, 1985First air da...

Egyptian head of intelligence and vice president (1936-2012) This article is about the Egyptian politician. For other uses, see Omar Suleiman. Omar Mahmoud Suleimanعمر محمود سليمانSuleiman in 2007Vice President of EgyptIn office29 January 2011 – 11 February 2011[1]PresidentHosni MubarakPreceded byHosni Mubarak (1981*)Succeeded byMahmoud MekkiDirector of the General Intelligence DirectorateIn office22 January 1991 – 31 January 2011PresidentHosni Muba...

 

Bolivian footballer (born 1993) Diego Wayar Wayar with The Strongest in 2015Personal informationFull name Diego Horacio Wayar CruzDate of birth (1993-10-15) 15 October 1993 (age 30)Place of birth Tarija, BoliviaHeight 1.69 m (5 ft 6+1⁄2 in)Position(s) Midfielder / Right backTeam informationCurrent team The StrongestNumber 14Youth career Unión TarijaSenior career*Years Team Apps (Gls)2009 Unión Tarija 2010–2011 Ciclón 2011 García Agreda (1)2012– The Strongest ...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!