Clifford Geertz

Modelo:BiografíaClifford Geertz
Nome orixinal(en) Clifford James Geertz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de agosto de 1926 Editar o valor en Wikidata
San Francisco (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte30 de outubro de 2006 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Filadelfia (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Princeton (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Antioch University (en) Traducir
Antioch College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseTalcott Parsons Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAntropoloxía, Antropoloxía cultural e Antropoloxía social Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónantropólogo, profesor universitario, sociólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstitute for Advanced Study (1970–2000)
Universidade de Chicago (1960–1970) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoPaul Rabinow e Lawrence Rosen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHildred Geertz , divorcio Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX945595 Dialnet: 21137 Find a Grave: 175776261 Editar o valor en Wikidata

Clifford James Geertz, nado en San Francisco, California, o 23 de agosto de 1926 e finado o 30 de outubro de 2006, foi un antropólogo estadounidense. Ocupou o posto de profesor emérito no Institute for Advanced Study, da Universidade de Princeton, Nova Jersey.

Vida

Logo de servir na Mariña dos Estados Unidos durante a segunda guerra mundial, (1943-45), Geertz estudou no Antioch College, onde obtivo o grao de bacharel en 1950, e logo doutorouse en Harvard como doutor en Filosofía en 1956. Pasou por varias escolas antes de formares parte do equipo de antropólogos da Universidade de Chicago (1960-70); posteriormente converteuse en profesor de ciencias sociais do Institute for Advanced Study en Princeton de 1970-2000, onde foi emérito ata a súa morte, o 30 de outubro de 2006. Recibiu un doutoramento honorífico do Bates College no 1980.

Pensamento e obra

Na Universidade de Chicago, Geertz converteuse no "campión da antropoloxía simbólica", que pon particular atención ao papel do imaxinario (ou 'símbolos') na sociedade. Os símbolos son o marco da actuación social. A cultura, segundo a define Geertz no seu famoso libro A interpretación das culturas (The Interpretation of Cultures, 1973), é un "sistema de concepcións expresadas en formas simbólicas por medio das cales a xente se comunica, perpetúa e desenvolve o seu coñecemento sobre as actitudes para a vida." A función da cultura é dotar de sentido ao mundo e facelo comprensible. O papel dos antropólogos, polo tanto, é intentar (pois a comprensión total dos feitos sociais non é posible) interpretar os símbolos clave de cada cultura (a isto chámaselle descrición densa).

Geertz sostiña que para estudar a cultura dende un punto de vista antropolóxico, é imposible aplicar unha lei ou unha teoría determinada, a única maneira de estudar as condutas humanas dentro do contexto cultural ao cal pertencen, é a través da experiencia e da observación do investigador, desta maneira as manifestacións de cada cultura, segundo Geertz, deben ser estudadas da mesma maneira que a arqueoloxía estuda o chan, “capa por capa”, dende a máis externa, é dicir dende aquela onde os símbolos culturais maniféstanse de maneira máis clara, ata a capa máis profunda, onde se atopa a matriz destes símbolos aos cales hai que identificarlles o significado, deixando de lado os aspectos ontolóxicos do mesmo.

Geertz conduciu numerosas investigacións etnográficas no Sueste asiático e África do Norte. Ademais realizou importantes achegas á teoría social e cultural, e continúa como unha voz importante no xiro do interese antropológico cara ós marcos simbólicos nos que os pobos viven as súas propias vidas. Traballou en relixión, especialmente no islam, nos bazares comerciais tradicionais, indagou no desenvolvemento económico e na estrutura política; así como na vida aldeá e familiar. Ata o día da súa morte estivo traballando de maneira xeral na cuestión da diversidade étnica e as súas implicacións no mundo moderno.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!