O circuíto urbano de Phoenix acolleu o Gran Premio dos Estados Unidos de Fórmula 1 os anos 1989, 1990 e 1991.
O circuíto de carreiras urbano de Phoenix, no estado de Arizona, situábase no centro da cidade xunto á praza do Centro Cívico de Phoenix, pero ao final foi retirado debido principalmente á baixa asistencia de público. Phoenix foi a última cidade en albergar un evento de Fórmula 1 nos Estados Unidos ata a introdución de Indianápolis no ano 2000.
O gran premio dos Estados Unidos celebrouse en Phoenix por primeira vez o 4 de xuño de 1989. Ayrton Senna logrou a pole position no seu McLaren-Honda pero sufriu unha falla electrónica pouco despois da metade da carreira. A calor abafadora do deserto de Phoenix tivo un forte efecto nos equipos e pilotos, de tal xeito que dos 26 autos que comezaron a carreira, unicamente terminaron 6. Alain Prost, compañeiro de Senna, triunfou sobre Riccardo Patrese, e o orixinario de Phoenix, Eddie Cheever segundo e terceiro lugares consecutivamente. O cuarto lugar de Christian Danner marcou os que resultarían os seus únicos puntos nunha carreira de gran premio. O seu equipo Rial nunca logrou puntos nunha carreira de Fórmula 1 fora do circuíto de Phoenix.
Nun intento por vencer á atafegante calor de Arizona, o Gran Premio dos Estados Unidos foi trasladado como carreira inaugural da tempada ao ano seguinte o 11 de marzo de 1990. Senna recuperouse da súa retirada en 1989 para gañar o Gran Premio. Jean Alesi terminou segundo, converténdose nun piloto a seguir nas posteriores carreiras logo da presión ao lendario brasileiro nun Tyrrel, un auto que podía considerarse moi lonxe dun McLaren.
O compañeiro de Alesi, Satoru Nakajima, tamén logrou un punto nunha das poucas veces que ambos pilotos de Ken Tyrrel acadaron puntos na década dos 80. O carreira foi tamén histórica porque foi a primeira e única vez que un Minardi chegou a estar na primeira fila da grella de saída, cando Pierluigi Martín cualificou segundo detrás de Senna.
En 1991 Senna logrou outra vitoria. Unha vez máis a fiabilidade foi un factor clave, con só nove autos correndo ao final. Por segunda ocasión consecutiva en Phoenix, os dous autos Tyrrel-Honda alcanzaron puntos. Stefano Modena substituíra a Alesi -agora en Ferrari- e xunto con Nakajima conseguiron o cuarto e quinto lugares consecutivamente.
No lapso en que a cidade foi sede da Fórmula 1, as autoridades locais demandaron que a administración da Fórmula 1 cumprise a súa promesa de promover a cidade a nivel local e mundial, o cal nunca realizaríase a satisfacción dos locais. O circuíto non gustaba entre os pilotos e tiña pouca seguridade, na volta 59, Mika Häkkinen sufriu un grave incendio no seu auto, ao chocar a 275 km/h nunha das rectas do circuíto. Todos estes factores foron claves para retirar a carreira do calendario, así o 10 de marzo de 1991 foi o último Gran Premio dos Estados Unidos en Phoenix.
No ano 2007, programouse que a serie Champ Car organizase unha carreira urbana para o peche da súa tempada nun novo trazado de pouco máis de 3 quilómetros no centro de Phoenix, diferente ao que utilizaba a Fórmula 1. Con todo, en agosto do mesmo ano e a poucos meses de ser anunciada, o evento foi cancelado por razóns financeiras e debido ao insuficiente apoio de patrocinadores.