As cegoñas son, propiamente, aves do xénero Ciconia (o nome cegoñas tamén se usa ás veces máis laxamente para toda a familia Ciconiidae). O xénero Ciconia comprende sete especies vivas, das cales seis viven no Vello Mundo, e unha en Suramérica (Ciconia maguari). O rexistro fósil indica que Ciconia era algo máis común na América tropical en tempos prehistóricos.
As cegoñas (Ciconia) son aves grandes, normalmente de 100 cm de alto, e de 180 cm de envergadura alar e cun longo e estreito peteiro. Os membros deste xénero son máis variables en plumaxe que outros cicónidos, pero varias especies teñen plumas negras na parte superior do corpo e das ás, e brancas na parte inferior do corpo. Os inmaturos son máis claros, como unha versión máis parda dos adultos.
As Ciconia son gregarias e reprodúcense en colonias, e as parellas son moi fieis; antes pensábase que permanecían xuntas toda a vida, pero hoxe sabemos que poden cambiar de parella despois das migracións. Constrúen grandes niños con paus e ramiñas nas árbores, aínda que a especie suramericana aniña no chan e polo menos tres das especies constrúen os niños en edificios humanos. A máis coñecida é a cegoña branca, que visita Europa e entrou nas lendas e o folclore europeo. Na lista de aves de Galicia figuran a cegoña branca (C. ciconia) e a cegoña negra (C. nigra).
Comen ras, insectos, crías de aves, lagartos e roedores. Voan co pescozo estendido, igual que a maioría dos demais cicónidos, pero, ao contrario que as garzas, as cales retraen o pescozo cara a atrás en voo.
As especies migratorias como as cegoñas brancas e as negras planan no aire coas súas amplas ás e dependen das térmicas de aire quente para facer voos sostidos de longa distancia. Como estas térmicas só se forman en terra, estas cegoñas, igual que as grandes aves de presa, deben cruzar o Mediterráneo nos seus puntos máis estreitos, e pode verse un gran número destas aves cruzando os estreitos de Xibraltar e do Bósforo durante a súa migración.
Especies
As especies existentes de cegoñas son as seguintes:
O rexistro fósil do xénero é amplo, o que indica que Ciconia estaba antes máis estendido do que está hoxe. Aínda que o material fósil coñecido parece suxerir que o xénero evolucionou arredor do Atlántico, posiblemente en Europa occidental ou África, a falta en comparación de fósiles en Asia fai que esta teoría non estea suficientemente fundamentada actualmente. Todo o que se pode dicir é que no Plioceno temperán, Ciconia estaba estendida polo menos por todo o hemisferio norte.
Entre os membros fósiles do xénero están os seguintes:
Ciconia maltha (a cegoña do asfalto do Plioceno tardío–Plistoceno tardío do oeste e sur dos Estados Unidos e de Cuba)
Ciconia stehlini (Plioceno tardío – Plistoceno temperán de Hungría; pode pertencer a especies viventes)
Ciconia nana (do Plioceno temperán ou medio ao Plistoceno tardío de Australia; antes chamada Xenorhynchus)[1]
Ciconia sp. (Plistoceno tardío/Holoceno temperán de Las Breas de San Felipe, Cuba)[2]
Un fragmento distal de radio atopado en depósitos do Plistoceno tardío da Cova de San Josecito (México) pode pertencer a este xénero ou ben a Mycteria; é máis pequena que outras cegoñas Ciconia fósiles americanas.[3] O xénero fósil proposto Prociconia do Brasil, tamén do Plistoceno tardío, pode ser un sinónimo júnior deste xénero ou de Jabiru. Un fragmento distal de tarsometatarso atopado nun abrigo rochoso na illa de Reunión é probablemente dunha ave que foi capturada alí para a alimentación por algúns dos primeiros poboadores humanos da illa; pero non hai rexistro de mencións da presenza de cegoñas nas illas Mascareñas, e aínda que inicialmente se creu que este subfósil era unha cegoña, hoxe é asignado ao ibis de Reunión (Threskiornis solitarius), que é bastante similar ás cegoñas osteoloxicamente e non estaba descrito aínda cando se atopou este óso (Cowles, 1994).
Asociacións culturais
Debido ao seu gran tamaño, predación de animais daniños, e o seu comportamento de nidación preto dos asentamentos humanos e sobre os tellados, a cegoña branca ten unha impoñente presenza que tivo un impacto na cultura e folclore humanos.[4] No Antigo Exipto estaba asociada ao Ba ou "alma" e era o xeroglífico que a representaba.[5] A palabra hebrea para denominar a cegoña branca é chasidah (חסידה), que significa "misericoridosa" ou "amable".[6] A mitoloxía grega e a romana representaban as cegoñas como modelos de devoción parental, e crían que non morría de vella, senón que voaba a illas e tomaba a aparencia de seres humanos. Esta ave intervén en polo menos tres fábulas de Esopo tituladas O raposo e a cegoña, O granxeiro e a cegoña, e A ra que quería ser rei.[7] Tamén se pensaba que coidaba aos seus pais vellos alimentándoos e mesmo transportándoos, e os libros para nenos representábanas como un modelo de valores filiais. Unha lei grega chamada Pelargonia, nome que procede da palabra do grego antigopelargos, que significaba cegoña, obrigaba aos cidadáns a coidar aos seus pais anciáns.[8] Os gregos tamén estableceron que matar unha cegoña podía ser punido coa morte.[9] Na antiga Tesalia parece que era protexida, xa que cazaba cobras, e sostíñase que era a "ave branca" de Virxilio.[10] Os escritores romanos salientaron a chegada da cegoña branca en primavera, que era un aviso para que os agricultores plantasen os seus viñedos.[11]
Os crentes islámicos veneran as cegoñas porque coidan que estas fan unha peregrinación anual á Meca durante a súa migración.[13] Algúns dos primeiros estudos e coñecementos sobre a migración das aves iniciáronse por un interese nas cegoñas brancas; As coñecidas en alemán por Pfeilstörche ("cegoñas frecha") encontrábanse en Europe con frechas africanas cravadas nos seus corpos. Un exemplo ben coñecido desas cegoñas encontrouse no verán de 1822 na cidade alemá de Klütz en Mecklenburg nun espécime que foi disecado por un taxidermista, completado co adorno dunha frecha africana, que se conserva agora na Universidade de Rostock.[14]
As cegoñas teñen pouco temor ao ser humano se este non as molesta, e a miúdo aniñan sobre os edificios de Europa. En Alemaña, a presenza dun niño no tellado dunha casa críase que protexía contra os incendios. Estaban tamén protexidas debido á crenza de que as súas almas eran humanas.[15] Os propietarios de casas de Alemaña e Holanda favorecían que as cegoñas aniñasen nas súas casas, ás veces construíndo plataformas no alto das casas con ese único propósito, para atraeren a boa sorte.[6] Os polacos, lituanos e ucraínos cren que as cegoñas traen a harmonía ás familias en cuxa propiedade aniñan.[16]
A cegoña branca é un motivo popular en selos de correos, e está representada en máis de 120 selos postais de máis de 60 entidades emisoras de selos.[17] É a av e nacional de Lituania e Belarús,[18] e foi a mascota polaca na Feira da Expo 2000 de Hanover.[19] No século XIX, algúns pensaban que as cegoñas só vivían en países que tiñan unha forma de goberno republicana.[20]
As cegoñas e o nacemento dos nenos
No folclore europeo a cegoña está relacionada coa natalidade, xa que é a responsable de traerlles os bebés aos pais. A lenda é moi antiga, pero foi popularizada por unha historia do século XIX de Hans Christian Andersen chamada As cegoñas.[13] O folclore alemán considerou que as cegoñas encontraban os meniños en covas ou pantanos e traíanos ás casas das parellas humanas nunha cesta levada sobre as costas ou colgada do peteiro. Estas covas contiñan adebarsteine ou "pedras de cegoñas". Os bebés dábanllos ás nais ou deixábanos caer pola cheminea. As parellas tiñan que notificar cando querían un fillo colocando doces para que as comese a cegoña nos beirís das fiestras da casa.[6] Desde alí o folclore espallouse por todo o mundo ata chegar a países como Filipinas e a Suramérica.[6] As marcas de nacemento que ás veces aparecían na parte posterior da cabeza dos neonatos (nevos da caluga) considerábanse ás veces como causados por peteirazos da cegoña.[21]
Na mitoloxía e relixión eslava, pensábase que as cegoñas levaban as almas non nacidas desde Iriy á Terra durante a primavera e verán.[22] Esta crenza aínda persiste na moderna cultura folcrórica de moitos países eslavos, na historia infantil simplificada de que as "cegoñas traen os nenos ao mundo".[23] Nalgúns idiomas eslavos, por exemplo o serbio, e croata "cegoña" dise roda, que deriva de roditi (dar a luz, nacer). Os eslavos vían as cegoñas como aves que traían sorte, e pensaban que matar a unha delas traía desgrazas.[24] Un estudo a longo prazo que mostraba a correlación espúrea entre o número de niños de cegoñas e os nacementos humanos é amplamente utilizado na ensinanza escolar de estatística básica como un exemplo que ilustra que a correlación non necesariamente indica causalidade.[25][26] O mito de que traían os meniños apareceu en diferentes formas na historia. Aos nenos de escravos afroamericanos dicíaselles ás veces que os nenos brancos os traía a cegoña, mentres que os nenos negros nacían de ovos de miñatos.[27]
O psicanalista Marvin Margolis indicou que a natureza tan duradeira da fábula de que as cegoñas traen os meniños está ligada a que satisfai unha necesidade psicolóxica, porque alivia a incomodidade de discutir de sexo e de procreación cos nenos. As aves foron desde hai tempo asociadas con símbolos maternais, desde deusas da Antigüidade como Xuno ata o Espírito Santo cristián, e as cegoñas foron elixidas pola súa branca plumaxe (que simboliza a pureza), o seu tamaño (que é dabondo como para poder cargar cun neno), e voo a grande altitude (equiparable a voar entre a Terra e os ceos).[6] A fábula e a súa relación co mundo interno dos nenos foron discutidos por Sigmund Freud,[6] e Carl Jung.[28] De feito, Jung lembraba que lle contaran a historia a el mesmo ao nacer a súa irmá.[29] A ligazón tradicional cos neonatos continúa co seu uso frecuente en anuncios publicitarios de produtos como cueiros e nas tarxetas de natalicio que anuncian o nacemento dos nenos.[6]
Outros aspectos
Non obstante, o folclore atopoulle tamén aspectos negativos ás cegoñas. Un conto folclórico polaco relata como Deus fixo a plumaxe branca das cegoñas, mentres que o Demo deulle as súas plumas negras, o que lle infunde tanto impulsos bos coma malos. Tamén foi asociada con bebés discapacitados ou nacidos mortos en Alemaña, o que se explicaba porque a cegoña deixara caer o neno en camiño á casa a onde ía destinado, ou como vinganza ou castigo por pasados pecados. Unha nai que estaba encamada preto do momento do parto dicíase que fora "peteirada" pola cegoña.[6] En Dinamarca, dicíase que as cegoñas lanzaban unha cría fóra do niño e despois un ovo en anos sucesivos.[6] Na Inglaterra medieval, as cegoñas estaban asociadas co adulterio, posiblemente inspirándose nos rituais do seu cortexo. O seu despiollamento e acomodación das plumas e posturas considerábanse ligadas cos atributos da vaidade.[30]
↑West, John Anthony (1995). The Traveler's Key to Ancient Egypt: A Guide to the Sacred Places of Ancient Egypt. Wheaton, Illinois: Theosophical Publishing House. p. 64. ISBN0-8356-0724-0 – vía Google Books.
↑Dolata, Pawel T. (2006). "The White Stork Ciconia ciconia Protection in Poland by Fradition, Customs, Law, and Active Efforts". En Tryjanowski, Piotr; Sparks, Tim H.; Jerzak, L. The White Stork in Poland: Studies in Biology, Ecology and Conservation. Poznań, Poland: Bogucki Wydawnictwo Naukowe. ISBN83-60247-35-8.
↑"Stork". Encyclopedia of Ukraine. Canadian Institute of Ukrainian Studies. Consultado o 5 December 2010.
↑Scharning, Kjell. "White Stork". Theme Birds on Stamps. Consultado o 5 December 2010.
↑"Lithuania". Understanding the European Union: Member States. Centre d'Information sur les Institutions Européennes (CIIE). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 5 December 2010.
↑"Kingdom of Storks". PAIIZ Newsletter. Polish Information and Foreign Investment Agency (PAIIZ). 22 March 2007. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2016. Consultado o 18 March 2011.
↑Pickles, Penny (2011). "Jung the Man". The Society of Analytical Psychology: Jungian Analysis and Psychotherapy. Londres: The Society of Analytical Psychology. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2011. Consultado o 2 March 2011.
Barlow, Clive (1997): A field guide to birds of the Gambia and Senegal. Pica Press, Nr. Robertsbridge (East Sussex). ISBN 1-873403-32-1
Cowles, Graham S. (1994): A new genus, three new species and two new records of extinct Holocene birds from Réunion Island, Indian Ocean. Geobios27(1): 87–93.
Grimmett, Richard; Inskipp, Carol, Inskipp, Tim & Byers, Clive (1999): Birds of India, Pakistan, Nepal, Bangladesh, Bhutan, Sri Lanka, and the Maldives. Princeton University Press, Princeton, N.J.. ISBN 0-691-04910-6
العلاقات الجيبوتية الموريتانية جيبوتي موريتانيا جيبوتي موريتانيا تعديل مصدري - تعديل العلاقات الجيبوتية الموريتانية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين جيبوتي وموريتانيا.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البلدين هذه مقارنة عامة ومرجعية للدولتين:
Eric Schneider Eric Schneider (lahir 30 Agustus 1934) adalah pemeran dan sutradara Belanda. Ia adalah adik Carel Jan Schneider, seorang diplomat dan penulis. Schneider adalah anak seorang guru bahasa Jerman. Pada tahun 1947, ia kembali ke Belanda dan lulus sekolah menengah di sana. Pada tahun 1956, ia masuk akademi teater di Maastricht. Pada tahun 1960, ia lulus ujian akhir. Schneider memulai debutnya dalam Sud karya Julien Green pada tahun 1960. Pada tahun 1967, ia menerima Louis d'or atas p...
Halaman ini berisi artikel tentang the province. Untuk the person, lihat Muhammad Kudarat. Untuk other uses, lihat Sultan Kudarat (disambiguation). Artikel ini membutuhkan rujukan tambahan agar kualitasnya dapat dipastikan. Mohon bantu kami mengembangkan artikel ini dengan cara menambahkan rujukan ke sumber tepercaya. Pernyataan tak bersumber bisa saja dipertentangkan dan dihapus.Cari sumber: Sultan Kudarat – berita · surat kabar · buku · cendekiawan ·...
Australian singer Daryl BraithwaiteBraithwaite performing at Caboolture RSL in June 2009Background informationBorn (1949-01-11) 11 January 1949 (age 74)Melbourne, Victoria, AustraliaOriginSydney, New South Wales, AustraliaGenresPopOccupation(s)SingerInstrument(s)Vocals, guitar, keyboardsYears active1967–PresentLabelsFestivalSonyindependentWebsitedarylbraithwaite.com.auMusical artist Daryl Braithwaite performing Love Songs in 2020. Daryl Braithwaite (born 11 January 1949)[1] is ...
Government building for the Ministry of Defense in Belgrade, SerbiaYugoslav Ministry of Defence buildingYugoslav General StaffСавезни секретариjaт за народну одбрануSavezni Sekretarijat za Narodnu OdbranuThe Yugoslav Ministry of Defence building in early 2022, with most of the damage cleared away.Location in BelgradeGeneral informationStatusDamaged / partially usedTypeGovernment building for the Ministry of Defense[1]LocationNemanjina Street, Belgrade,...
تايلر هارفي معلومات شخصية الميلاد 17 يوليو 1993 (30 سنة) توررانسي الطول 6 قدم 4 بوصة (1.9 م) مركز اللعب لاعب هجوم خلفي الجنسية الولايات المتحدة الوزن 84 كيلوغرام الحياة العملية الدوري ليغا باسكيت الدرجة الأولى بداية الاحتراف 2015 الرقم 1 بلد الرياضة الولايات المتحدة...
لمعانٍ أخرى، طالع نيدا (توضيح). نيدا (بالإسبانية: Neda)[1] - بلدية - نيدا (لا كرونيا) نيدا (لا كرونيا) خريطة الموقع تقسيم إداري البلد إسبانيا [2] المقاطعة مقاطعة لا كورونيا خصائص جغرافية إحداثيات 43°30′00″N 8°09′31″W / 43.5000016°N 8.1585283...
Finnish auxiliary paramilitary organisation for women (1918–1940s) For the poem by Johan Ludvig Runeberg, see Lotta Svärd (poem). Badge of the Lotta Svärd Lotta Svärd (Finland Swedish: [ˈlotːɑ ˈsvæːrd]) was a Finnish voluntary auxiliary paramilitary organisation for women. Formed originally in 1918, it had a large membership undertaking volunteer social work in the 1920s and 1930s. It was formed to support the White Guard.[1] During the Second World War, it mobilize...
Railway station in Kent, England WestenhangerGeneral informationLocationWestenhanger, Folkestone & HytheEnglandGrid referenceTR128372Managed bySoutheasternPlatforms2Other informationStation codeWHAClassificationDfT category F1HistoryOpened7 February 1844Passengers2017/18 64,6022018/19 76,6022019/20 80,1682020/21 18,9022021/22 45,092 NotesPassenger statistics from the Office of Rail and Road Westenhanger railway station is on the South Eastern Main Line in England, serving the villages of ...
Emperor of Japan Emperor Shōkō称光天皇Emperor of JapanReignOctober 5, 1412 – August 30, 1428CoronationJanuary 29, 1415PredecessorGo-KomatsuSuccessorGo-HanazonoShōgunAshikaga YoshimochiAshikaga YoshikazuBornMay 12, 1401DiedAugust 30, 1428(1428-08-30) (aged 27)BurialFukakusa no kita no Misasagi (深草北陵) (Kyoto)Issue2 daughtersPosthumous nameTsuigō:Emperor Shōkō (称光院 or 称光天皇)HouseYamatoFatherEmperor Go-KomatsuSignature Emperor Shōkō (称光天皇, Shōkō-t...
هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (أكتوبر 2022) ماتيوس نورتن معلومات شخصية الميلاد 19 يوليو 1996 (العمر 27 سنة) الطول 1.73 م (5 قدم 8 بوصة) مركز اللعب وسط الجنسية البرازيل معلومات النادي النادي الحالي Cl...
International energy management standard ISO 50001 Energy management systems - Requirements with guidance for use, is an international standard created by the International Organization for Standardization (ISO). It supports organizations in all sectors to use energy more efficiently through the development of an energy Management System. The standard specifies the requirements for establishing, implementing, maintaining and improving an energy management system, whose purpose is to enable an...
Novel by Evelyn Waugh Vile Bodies Jacket of the first UK edition of Vile BodiesAuthorEvelyn WaughCountryUnited KingdomLanguageEnglishGenreNovel, satireSet inEngland, late 1920sPublisherChapman & HallPublication date1930Media typePrint (hardback & paperback)Pages254ISBN0-14-118287-3OCLC42700827Dewey Decimal823.912LC ClassPR6045 .A97Preceded byDecline and Fall Followed byBlack Mischief Vile Bodies is the second novel by Evelyn Waugh, published in 1930...
تقييمات 2013 حسب المجالات. الرعاية الصحية في بلجيكا، تتمثل بثلاثة أجزاء: أولها خدمة رعاية صحية وتأمين اجتماعي ممولان من القطاع العام بإدارة الحكومة الفيدرالية، والتي تنظم الرعاية الصحية، وشؤون الممارسين المستقلين في القطاع العام/الخاص، والمستشفيات الجامعية/شبه الخاصة، وم...
Écija municipio de España y ciudadBanderaEscudo ÉcijaUbicación de Écija en España ÉcijaUbicación de Écija en la provincia de SevillaPaís España• Com. autónoma Andalucía• Provincia Sevilla• Comarca Écija[1]• Partido judicial ÉcijaUbicación 37°32′28″N 5°04′45″O / 37.541111111111, -5.0791666666667• Altitud 106 mSuperficie 976 km²Fundación Tartessos, s. V...
Anthony PhillipsDate personaleNăscut23 decembrie 1951 (72 de ani)[1][2] Londra, Anglia, Regatul Unit Cetățenie Regatul Unit Ocupațiechitaristcompozitortextier[*]cântărețpianistartist de înregistrare[*] Limbi vorbitelimba engleză StudiiCharterhouse School[*][[Charterhouse School (English collegiate independent boarding school)|]] Gen muzicalrock progresiv Instrument(e)chitarăclaviatură Case de discuriVirgin RecordsVertigo R...
Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: Forty Thieves geng New York – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR Forty Thieves — mungkin namanya berasal dari Ali Baba dan Empat Puluh Penyamun — adalah geng jalanan terorganisir ...
This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: Saint-Cassien, Dordogne – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (December 2015) Commune in Nouvelle-Aquitaine, FranceSaint-CassienCommuneThe church in Saint-CassienLocation of Saint-Cassien Saint-CassienShow map of FranceSaint-CassienShow map o...