División eclesiástica de Galicia.
O arciprestado de Tea-Condado é un arciprestado pertencente á diocese de Tui-Vigo . Abrangue 49 parroquias e 5 anexos dos concellos de Mondariz , As Neves , Ponteareas e Salvaterra de Miño .[ 1]
Historia
Foi creado polo Decreto do 29 de xuño de 2016,[ 2] mediante fusión dos arciprestados de Tea e Salvaterra , e a anexión das parroquias de Ponteareas e Salvaterra de Miño que antes pertencían ó arciprestado de Entenza ; que á súa vez se fusionou co de Tui , formando o arciprestado de Tui-Entenza .
Xeografía
O arciprestado aséntase na bisbarra do Condado , e é atravesado polo río Tea . Estas dúas características danlle o nome de Tea-Condado. Limita cos arciprestados de Redondela-Oitavén , Montes-Mondariz , San Martiño , Tui-Entenza e A Louriña ; todos eles da diocese Tui-Vigo . Ademais, limita polo sur co arciprestado de Monção , pertencente á diocese portuguesa de Viana do Castelo .
Parroquias e Anexos
As seguintes parroquias e anexos integran o arciprestado de Tea-Condado:[ 1] [ 2]
Anexos
Galería de imaxes
Igrexa de Santo André de Uma
Igrexa de San Xoán de Vilacova
Igrexa de Nosa Señora da Franqueira
Igrexa de San Miguel de Ponteareas
Igrexa de San Mateo de Oliveira
Igrexa de San Nicolao de Prado
Igrexa de San Breixo de Arcos
Igrexa de San Mamede de Fontenla
Igrexa de San Fins de Celeiros
Igrexa de San Xurxo de Ribadetea
Igrexa de Santo Estevo de Cumiar
Igrexa de San Salvador de Padróns
Igrexa de San Martiño de Vilasobroso
Igrexa de San Pedro de Batalláns
Igrexa de San Xosé de Ribarteme
Igrexa de San Cibrán de Ribarteme
Notas
Véxase tamén
Outros artigos