Un anzol[1] ou brinca[2] é un dispositivo para a captura de peixes no que se coloca unha carnada para atraeren a estes, e que se engancha no padal, na boca e moi raramente, no corpo do peixe.
Os anzois foron utilizados desde hai séculos polos pescadores para capturaren peixes tanto en augas doces como nas augas salgadas.
No ano 2005, o anzol foi elixido pola revista Forbes como unha das vinte principais ferramentas na historia da humanidade.[3]
Os anzois normalmente levan algún tipo de carnada ou engado, todo iso enlazado por unha liña ou tanza que conecta o peixe capturado co pescador.
Hai unha enorme variedade de anzois no mundo da pesca. Os tamaños, deseños, formas e materiais son variábeis en función da finalidade prevista do anzol.
Forma e construción
As partes dun anzol son:
A punta, que é a que penetra na boca do peixe.
O ollo, burato situado na parte oposta da punta, onde se empata a liña.
A curva ou colo, a parte do anzol que une a punta e o ollo.
A brecha é como se denomina a distancia que separa o colo e a punta.
Os anzois contemporáneos están fabricados con aceiro de alto contido en carbono, aceiro aleado con vanadio, ou aceiro inoxidable, segundo a aplicación.
A maioría dos anzois de calidade se cóbrense con algún tipo de anticorrosivo resistente, resistencia á corrosión que se require cando se utilizan en auga salgada e mentres están almacenados.[4]
Historia
O anzol, ou dispositivos similares, foi probabelmente utilizado polo ser humano durante miles de anos. Proba diso é que se encontraron anzois en Palestina que datan de ao redor dos anos 7000 a.C.
Os ganchos de aceiro de calidade comezaron a aparecer en Europa nos anos 1600 e a súa fabricación converteuse nunha tarefa para os profesionais.[6]
Notas
↑Gancho de metal acabado en ángulo agudo, que se sostén por un fío ou tanza e no que se pon un engado para pescar Definición de anzol no dicionario da RAG. Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.
As denominacións en cursiva, aínda que posiblemente válidas, non son as contempladas polo Decreto 424/1993 da Xunta de Galicia (DOG nº13 de 20/01/1994) e non está confirmada e documentada (de momento e coa referencia dada) a súa equivalencia co resto. As precedidas de asterisco (*), están especificamente proscritas polo VOLG. Así por exemplo, palangrillo está no DOG pero non no VOLG.