O trueiro é un aparello de pesca manual composto por tres pezas: unha rede pequena con forma de bolsa aberta, un aro que contorna a rede na súa abertura, e un mango longo xunguido por un dos seus extremos ao aro.[1] Pódese empregar para a captura directa dos peixes na auga ou tamén, coma medio auxiliar, para recoller peixes capturados por outros métodos.
As denominacións en cursiva, aínda que posiblemente válidas, non son as contempladas polo Decreto 424/1993 da Xunta de Galicia (DOG nº13 de 20/01/1994) e non está confirmada e documentada (de momento e coa referencia dada) a súa equivalencia co resto. As precedidas de asterisco (*), están especificamente proscritas polo VOLG. Así por exemplo, palangrillo está no DOG pero non no VOLG.