Andrés Santiago Suárez Suárez, nado en Luaña (Brión) o 6 de outubro de 1939 e finado en Madrid o 22 de outubro de 2005,[1] foi un economista e escritor galego, membro da American Economic Association e da American Finance Association.
Cursou Peritaxe e Profesorado Mercantil na Escola Superior de Comercio da Coruña e Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais na Universidade Complutense de Madrid, na que se doutorou con premio extraordinario en 1969. Foi catedrático da Universidade de Alacant, catedrático e decano da Facultade de Economía da Universidade de Málaga e conselleiro do Tribunal de Contas do Reino (1982-1991) por designación das Cortes. Desde 1973 foi catedrático de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade Complutense de Madrid. Dirixiu o Departamento de Economía da Empresa da Universidade Nacional de Educación a Distancia.
Publicou máis de dúas ducias de libros e numerosos artigos en revistas sobre temas relacionados coa economía e a administración de empresas.
Entre as súas obras máis coñecidas están: