André Marie Ampère |
Nome orixinal | (fr) André-Marie Ampère |
---|
|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1775 Lión, Francia |
---|
Morte | 10 de xuño de 1836 (61 anos) Marsella, Francia |
---|
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montmartre, 30 |
---|
Educación | Escola Politécnica |
---|
|
Campo de traballo | Electromagnetismo |
---|
Lugar de traballo | Lión París |
---|
Ocupación | físico, filósofo, químico, enxeñeiro, matemático, inventor |
---|
Empregador | Collège de France (pt) , catedrático (1824–1836) Escola Politécnica (1804–1828) |
---|
Membro de | |
---|
Alumnos | Jean-Baptiste-Firmin Demonferrand (pt) |
---|
Orde relixiosa | Ordes franciscanas |
---|
|
Obras destacables |
Doutorando | Jean-Daniel Colladon (pt) |
---|
Arquivos en | |
---|
|
Cónxuxe | Julie Carron |
---|
Fillos | Jean-Jacques Ampère |
---|
Nai | Jeanne Antoinette de Sarcey |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Enciclopedia Católica, (sec:André Marie Ampère) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
---|
|
André Marie Ampère, nado en Lión en 1775 e finado en Marsella en 1836, foi un físico francés.
Traxectoria
Autor xa dende moi novo de traballos matemáticos, tamén se interesou polos grandes problemas da física e da química do seu tempo. En 1814 desenvolveu a hipótese (xa formulada independentemente por Avogadro) segundo a cal tódolos gases a igualdade de volume, presión e temperatura conteñen o mesmo número de moléculas. Tamén estudou as accións mutuas das correntes e os imáns, e puxo as bases da electrodinámica. En 1821 emitiu a hipótese de que as moléculas dun corpo se comportan coma correntes particulares que a imantación pode dirixir. Inventou o galvanómetro, o primeiro telégrafo eléctrico, e, xunto con Arago, o electroimán.
Véxase tamén