Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Schindler.
A lista de Schindler (en inglés: Schindler's List) é un filme de 1993 baseado no libro Schindler's Ark de Thomas Keneally (o libro foi máis tarde renomeado como Schindler's List). Dirixido por Steven Spielberg, relata a historia de Oskar Schindler, un checo que foi instrumento para salvar a vida de máis de mil xudeus polacos durante o Holocausto. O título refírese á lista de 1 200 xudeus que Schindler contratou para traballar na súa fábrica, quitándoos do campo de concentración.
A maior parte do filme foi producido en branco e negro (con cores no prólogo e no epílogo e unha cor vermella en dúas escenas). Está protagonizado por Liam Neeson como Oskar Schindler, Ben Kingsley como Itzhak Stern e Ralph Fiennes como Amon Goeth. O seu subtítulo é "Quen salva unha vida salva o mundo enteiro", unha cita do Talmud. Foi aclamado pola crítica, o filme gañou fama polo seu detalle gráfico da horrible brutalidade do holocausto. Nomeado a doce Óscars, gañou sete, incluíndo o de Mellor Filme e Mellor Director para Steven Spielberg.
Sinopse
Segunda guerra mundial (1939-1945). Oskar Schindler (Liam Neeson), un home de enorme astucia e talento para as relacións públicas, organiza un ambicioso plan para gañar a simpatía dos nazis. Despois da invasión de Polonia polos alemáns (1939), consegue, grazas ás súas relacións, a propiedade dunha fábrica de Cracovia. Alí emprega a centos de operarios xudeus, cuxa explotación faino prosperar axiña. O seu xerente (Ben Kingsley), tamén xudeu, é o verdadeiro director na sombra, pois Schindler carece completamente de coñecementos para dirixir unha empresa.
Personaxes
Principais
Secundarios
- Ezra Dagan como Rabino Lewartow
- Malgoscha Gebel como Wiktoria Klonowska
- Shmuel Levy como Wilek Chilowicz
- Mark Ivanir como Marcel Goldberg
- Béatrice Macola como Ingrid
- Andrzej Seweryn como Julian Scherner
- Friedrich von Thun como Rolf Czurda
- Krzysztof Luft como Herman Toffel
- Harry Nehring como Leo John
- Norbert Weisser como Albert Hujar
- Adi Nitzan como Mila Pfefferberg, a muller de Poldek Pfefferberg.
- Michael Schneider como Juda Dresner
- Miri Fabian como Chaja Dresner
- Anna Mucha como Danka Dresner
- Ben Darby como Home de gris
- Albert Misak como Mordecai Wulkan.
- Hans-Michael Rehberg como Rudolf Höss
- Daniel Del Ponte como Doutor Josef Mengele
Galardóns e nomeamentos
- 1993: 7 Oscars: Filme, director, guión, montaxe, música, dirección artística e fotografía.
- 1993: 3 Globos de Ouro: Filme: drama, guión e director. 6 nomeamentos.
- 1993: 7 premios BAFTA, incluíndo filme, fotografía, montaxe e bso. 13 nomeamentos.
- 1993: Nomeada ó Cesar: Mellor filme estranxeiro.
- 1993: National Board of Review: Mellor filme.
- 1993: 3 premios Círculo de críticos de Nova York, incluíndo actor secundario (Ralph Fiennes).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
1927/28–1950 | |
---|
1951–1975 | |
---|
1976–2000 | |
---|
2001–presente | |
---|
|
---|
Filmes dirixidos | |
---|
Filmes escritos | |
---|
Filmes producidos | |
---|
Televisión | |
---|
Véxase tamén | |
---|