A.I. Artificial Intelligence é un filme estadounidense dirixido, producido e guionizado por Steven Spielberg. Baséase na historia Super-Toys Last All Summer Long de Brian Aldiss.
Nun mundo futurista, os seres humanos conviven con sofisticados robots denominados Mecas. A emoción é a derradeira fronteira entre homes e máquinas. Pero, cando un neno-robot chamado David é programa para amar, os homes non están preparados para as consecuencias que isto supón. David atópase só nun estraño e perigoso mundo, buscando que o amor que lle profesa á súa nai adoptiva sexa correspondido.