A bela dormente do castelo do demo (ドラゴンボール 魔神城のねむり姫, Doragon Bōru: Majin-Jō No Nemuri Hime?) é o segundo filme de Dragon Ball. Dirixido por Daisuke Nishio foi estreado en 1987.
Despois de separarse de Bulma e os demais, Son Goku toma a determinación de ir á casa do Mestre Mutenroi a pedirlle que o adestre, para así facerse máis forte. Pouco despois da súa chegada, aparece tamén un pequeno rapaz chamado Krilín, que tamén pide ser o seu alumno. O mestre dilles que non acepta máis dun alumno, e que terán que competir para conseguir o posto.