Dragon Ball Z
Dragon Ball Z
|
| ドラゴンボールZ(ぜっと) (Doragon Bōru Zetto) | Xénero | Shōnen |
Anime Dragon Ball Z
|
Dirixido por |
Daisuke Nishi
|
Estudio |
{{{estudio}}}
|
Canle televisiva |
Fuji Television Televisión de Galicia
|
Emitido tamén en: |
Animax, Tokyo Metropolitan Television
Cartoon Network
|
|
Primeira emisión |
26 de abril do 1989 - 31 de xaneiro do 1996 16 de setembro de 1991 - ?[1]
|
Última emisión |
12 de xullo do 2012 - 31 de xaneiro do 2013
|
Núm. de capítulos |
291
|
Dragon Ball Z (ドラゴンボールZ, Doragon Bōru Zetto?), tamén coñecido en Galiza como Dragón Z[2] ou Bóla de Dragón Z, é unha serie de televisión de animación xaponesa de 291 capítulos de 25 minutos adaptada do manga de Akira Toriyama e producida polo estudio Tōei.
É a continuación do anime Dragon Ball. En Galiza emitiuse na década de 1990, dentro do programa infantil Xabarín Club da Televisión de Galicia. No 2005 reemitiuse na mesma canle, mais afirmou que sería a derradeira volta.
Argumento
Dragón Ball Z comeza cinco anos máis tarde que Dragon Ball, despois de casaren Son Goku e mais Chichi. Raditz, un misterioso guerreiro do espazo, chega á Terra para atopa-lo seu irmán, Son Goku. Foi así como Son Goku se decatou que vén dun planeta de guerreiros do espazo que foi derruído e do que só ficaron catro superviventes.
Personaxes
- Para máis información sobre os personaxes ver o artigo Lista de personaxes de Dragon Ball
Protagonistas
- É o personaxe principal da serie e o loitador máis forte do universo. Malia ser inxenuo e bondadoso, é tamén un poderoso Saiyajin (Guerreiro do espazo) que case nunca entende da maldade dos outros. Ten unha grande predilección pola loita, coma tódolos guerreiros da súa raza, especialmente cando o seu adversario é máis forte. Casou con Chichi e teñen dous fillos: Son Gohanda e Son Goten.
- É o primeiro fillo de Son Goku e mais Chichi. O seu nome ven polo avó adoptivo de Son Goku. Foi o primeiro cruzamento dun Saiyajin cun ser humano, o que resultou nun ser máis poderoso ca un Sayjajin normal. Salvou a Terra na loita contra Célula.
- É un humano e tamén o mellor amigo de Son Goku. De cativo, adestrou canda Son Goku co Mestre Mutenroi. En Dragon Ball Z, Krilín foi de grande axuda, enfrontouse ós Saiyajins, Freezer e moitos outros. Creou a técnica Kienzan e casou con C-18.
- É un Namekiano moi poderoso de liñaxe guerreira. Inicialmente inimigo de Son Goku, mais ós poucos acabase aliando a el, pasando ata a adestralo seu fillo Son Gohanda, na fase seguinte, por quen comeza a ter un grande afecto.
- É o fillo do Rei Vexeta e Príncipe dos Guerreiros do espazo. O seu planeta natal é o Planeta Vexeta, destruído por Freezer cando Vexeta aínda era un neno. Dende aquela pasou a traballar para Freezer canda o seu titor, Nappa, e mailo saiyajin, irmán de Son Goku, Raditz. Malia a súa arrogancia, máis adiante confórmase con ter o planeta Terra como o seu lar. Casa con Bulma e xuntos teñen dous fillos: Bra e mais Toranks.
- Este personaxe debe ser entendido como dous. O "Toranks do Futuro" vén dun futuro alternativo, para alertar sobre a ameaza dos androides, que tornaron o seu tempo un inferno. O seu mestre de loitas foi Son Gohanda, o único guerreiro vivo na súa liña temporal. O outro é o "Toranks do Presente", un neno de 8 anos e o mellor amigo de Son Goten. Diferentemente da súa contra-parte, el vive unha vida calma e divertida, en virtude de que os outros guerreiros están vivos na súa liña temporal.
Secundarios
- É a mellor amiga de Son Goku e mais filla do dono da Corporación Cápsula. É unha muller moi intelixente, mais considérase unha moza linda e fráxil. En Dragon Ball Z, Bulma ten maior participación na Saga de Freezer, mais, durante toda a serie, ela axuda a guerreiros coas súas invencións. Casa con Vexeta e teñen dous fillos, Toranks e mais Bra.
- É un antigo ladrón que abandonou o crime para se xuntar con Son Goku en Dragon Ball. Yamcha adora loitar tanto como adora as mulleres. A súa participación limítase moito debido a forza dos novos inimigos.
- Alumno de Tsuru, o rival de Mutenroi. Ten Shin Han andaba no camiño do mal ata coñecer a Son Goku. El é un humano de tres ollos e o mellor amigo de Chaoz.
- É o mellor amigo de Ten Shin Han, tamén discípulo do Mestre Tsuru. Seguía os mesmos pasos maléficos do seu amigo, adestrando tanto para domina-lo mundo como para matar. É un personaxe feble, que acaba non acompañando o poder de loita dos outros guerreiros; porén, as súas técnicas de auto destrución poden causar grandes danos ó opoñente.
- Foi o mestre de Son Goku, Krilín e mais Yamcha. Xubilado dende a aparición do Piccoro Daimaō, foi o humano máis poderoso do planeta. Creou a Kamehameha ou Onda Vital, o principal golpe de Son Goku. Malia non participar máis das loitas, os seus alumnos hónrano usando o seu uniforme de batalla xunto co símbolo.
- É o deus da Terra e contra parte de Piccoro. É un namekiano que hai moito tempo foi mandado para a Terra, pois o seu planeta tiña problemas. Aló, el retirou de si toda a súa maldade, que se transformou en Piccoro Daimaō. Na Saga Célula, el fusiónase con Piccoro, volvendo á súa forma orixinal.
- É un namekiano. Unha das calidades de Dende é a de poder sanda-las persoas e poder falar co dragón das sete bólas máxicas. Fai amizade con Son Gohanda e mais Krilín, cando viaxan ó planeta Namek para atopa-las bólas do dragón dese planeta, mais durante eses eventos as forzas de Freezer invaden o planeta coa mesma intención, e acaba morto polo mesmo Freezer. Tras ser resucitado múdase co seu pobo para o novo planeta Namek, mais tórnase o sucesor de Kamisama, logo de que este se fusionase de novo con Piccoro.
- É o segundo fillo de Son Goku e mais Chichi e o irmán máis novo de Son Gohanda. Imítaselle practicamente o pai, tanto en inocencia como no talento para a loita, Son Goten superou toda á súa familia, en termos de cando eran cativos. Gosta de trebellar co seu mellor amigo Toranks, e xuntos, pódense fusionar creando o guerreiro Songotoranks.
Antagonistas
- Foi o culpábel da destrución do Planeta Vexeta e tamén da exterminación dos Saiyajins pois, temía que de entre eles xurdise o Lendario Súper Saiyán. Na procura as bólas máxicas de Namek, Freezer afrontase cos Guerreiros Z, mais ceiba a carraxe de Son Goku ó matar a Krilín, creando o seu peor pesadelo. Con todo, Son Goku déixao vivo e retorna na Saga de Célula, onde é morto por Toranks.
- Creación suprema do Doutor Guero, Célula foi creado para absorber os androides C-17 e máis C-18 e tornarse un ser perfecto. Célula é constituído de células dos Guerreiros Z e mais de Fricer, podendo así utiliza-lo Kamehameha. El atinxe a súa meta ó supera-lo seu nivel perfecto e consegue matar a Son Goku e a Toranks, mais é destruído polo Kamehameha Son Gohanda.
- E un demo creado polo mago Bibidi que hai moito tempo devastou o universo, mais foi trancado nun casulo. Anos despois, o fillo de Bibidi, Babidi esperta a creación do seu pai. Boo ten aparencia fata, mais conseguiu derrota-los guerreiros e destruíla Terra. É morto por Son Goku coa Súper Genki Dama.
Episodios
Dobraxe
- Estudio: CTV S.A. (Vigo)
- Tradución: Miguel Vijande
- Dirección: Antón Pazos
- Elenco da dobraxe:
Personaxe |
Actor de dobraxe
|
Actor orixinal (Seiyū)
|
Narrador
|
Jorge Pedrosa
|
Jōji Yanami
|
Son Goku
|
Julio Lorenzo (ep. 1 - 243)
|
Masako Nozawa
|
Son Goku
|
Antón Rubal (ep. 244 - 291)
|
Masako Nozawa
|
Son Gohanda (Neno)
|
Tonia Fuentes
|
Masako Nozawa
|
Son Gohanda (Adulto)
|
Iñaki Baliño
|
Masako Nozawa
|
Vexeta
|
Suso Álvarez
|
Ryō Horikawa
|
Piccoro
|
Coté Sansegundo
|
Toshio Furukawa
|
Bulma
|
Ana Lemos
|
Hiromi Tsuru
|
Krilín
|
Óscar Fernández
|
Mayumi Tanaka
|
Mestre Mutenroi
|
Antonio Durán
|
Kōhei Miyauchi
|
Chichi
|
Teresa Santamaría
|
Mayumi Shō
|
Yamcha
|
Alfonso Agra
|
Tōru Furuya
|
Oolong
|
Manuel Pombal
|
Naoki Tatsuta
|
Puar
|
María José Collazo
|
Naoko Watanabe
|
Ox (Gyumao)
|
Xosé Lois
|
Daisuke Gōri
|
Tartaruga
|
?
|
Daisuke Gōri
|
Ten Shin Han
|
Antón Pazos
|
Hirotaka Suzuoki
|
Chaoz
|
Charo Martínez
|
Hiroko Emori
|
Karín
|
Bernardo Xosé
|
Ichirō Nagai
|
Deus
|
Santiago Pousa
|
Takeshi Aono
|
Yajirobe
|
Fernando Bustelo
|
Mayumi Tanaka
|
Tou Pai Pai
|
Xoán Diéguez
|
Chikao Ōtsuka
|
Baba a vedoira
|
Alicia Borrás
|
Junpei Takiguchi
|
Señor Popo
|
Paco Barreiro
|
Toku Nishio
|
Sr. Popo
|
Xoán Bravo (Subst.)
|
Toku Nishio
|
Presentador do Gran Torneo
|
Suso Pando
|
Kenji Utsumi
|
Son Goten (Neno)
|
Tonia Fuentes
|
Masako Nozawa
|
Son Goten (Adulto)
|
Norberto Vilanova
|
Masako Nozawa
|
Toranks do Futuro
|
Manuel Pombal
|
Takeshi Kusao
|
Toranks (Neno)
|
Helena Amoedo
|
Takeshi Kusao
|
Toranks (Adulto)
|
Nacho Castaño
|
Takeshi Kusao
|
Dr. Brief
|
Alfonso Agra
|
Jōji Yanami
|
Dr. Brief
|
Manuel Botana (Subst.)
|
Jōji Yanami
|
Dr. Brief
|
Bernardo Xosé (Subst.)
|
Jōji Yanami
|
Nai de Bulma
|
Beatriz García
|
Mariko Mukai
|
Nai de Bulma
|
Isabel Aguilera (Subst.)
|
Mariko Mukai
|
Raditz
|
Manuel Pombal
|
Shigeru Chiba
|
Nappa
|
Xoán Diéguez
|
Shōzō Iizuka
|
Xuíz Yama
|
Xosé Lois
|
Daisuke Gōri
|
Bora
|
Xoán Diéguez
|
Banjō Ginga
|
Upa
|
Nacho Castaño
|
Mitsuko Horie
|
Rei Kaio do Norte
|
Bernardo Xosé
|
Jōji Yanami
|
Rei Kaio do Norte
|
Xosé Ramón Lojo (dende o ep.51)
|
Jōji Yanami
|
Dragón Shenron
|
Paco Barreiro
|
Kenji Utsumi
|
Kui
|
Martín Mendizábal
|
Kōji Totani
|
Freezer
|
Gonzalo Faílde
|
Ryūsei Nakao
|
Zarbon
|
Iñaki Baliño
|
Shō Hayami
|
Dodoria
|
Xoán Bravo
|
Yukitoshi Hori
|
Moori
|
Xosé Ramón Lojo
|
Kinpei Azusa
|
Dende
|
Helena Amoedo
|
Tomiko Suzuki
|
Nail
|
Suso Pando
|
Katsuji Mori
|
Gran Gurú
|
Manuel Botana
|
Junpei Takiguchi
|
Capitán Ginyu
|
Paco Barreiro
|
Hideyuki Hori
|
Jeice
|
?
|
Kazumi Tanaka
|
Burter
|
Santiago Pousa
|
Yukimasa Kishino
|
Recoome
|
Xoán Diéguez
|
Kenji Utsumi
|
Guldo
|
Martín Mendizábal
|
Kōzō Shioya
|
Rei Vexeta
|
Xoán Bravo
|
Banjō Ginga
|
Bardock
|
Julio Lorenzo
|
Masako Nozawa
|
Maron
|
Beatriz García
|
Yūko Kobayashi
|
Garlic .Jr
|
Martín Mendizábal
|
Shigeru Chiba
|
Rei Cold
|
Carlos Reborada
|
Daisuke Gōri
|
C-20 (Dr. Gero)
|
Mingos González
|
Kōji Yada
|
C-19
|
Santiago Pousa
|
Yukitoshi Hori
|
C-17
|
Miguel Vijande
|
Shigeru Nakahara
|
C-18
|
Isabel Vallejo
|
Miki Itō
|
C-18
|
Mara González (Subst.)
|
Miki Itō
|
C-16
|
Carlos Reboreda
|
Hikaru Midorikawa
|
C-16
|
Fernando Bustelo (Subst.)
|
Hikaru Midorikawa
|
Célula
|
Manuel Botana
|
Norio Wakamoto
|
Señor Satán
|
Santiago Pousa
|
Daisuke Gōri
|
Paikuhan
|
Xesús Iglesias
|
Hikaru Midorikawa
|
Videl
|
Montse Davila
|
Yūko Minaguchi
|
Kaio Shin (Deus Neptuno)
|
?
|
Yūji Mitsuya
|
Kibito
|
?
|
Shin Aomori
|
Babidi
|
Alfonso Agra
|
Jōji Yanami
|
Dabla
|
Mingos González
|
Ryūzaburō Ōtomo
|
Pui pui
|
Fernando Bustelo
|
Tomohisa Asō
|
Buu gordo
|
Xoán Carballido (Subst.)
|
Kōzō Shioya
|
Buu
|
Xoán Diéguez
|
Kōzō Shioya
|
Antigo Rei Kaioh Shin
|
Miguel López Varela
|
Reizō Nomoto
|
Oob
|
Alicia Taboada
|
Megumi Urawa
|
- ▪ Aurora Maestre
- ▪ Xerome Calero
Filmes, Especiais TV e OVAs
Filmes
Especiais TV
OVAs
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
Animes | |
---|
Serie web | |
---|
Especiais de TV | |
---|
Filmes de anime | As bólas máxicas | |
---|
Dragon Ball Z | |
---|
Dragon Ball Super | |
---|
|
---|
Curtametraxes | |
---|
Estrea en vídeo caseiro | |
---|
Filmes de acción en vivo | |
---|
|
|