O camiño cara ó máis forte (最強への道?, Saikyō e no Michi) é o 17ª filme baseada na serie de manga e anime Dragon Ball, e a cuarta da etapa Dragon Ball, foi estreada o 2 de marzo de 1996. Fíxose con motivo do 10º aniversario da serie, e conta dun xeito diferente e alternativo a historia de Dragon Ball dende o comezo da serie ata o final do Exército Red Ribbon, cunha mellora gráfica.
Sinopse
Son Goku coñece a Bulma, e xuntos deciden ir na busca das sete Bólas do Dragón para resucitar ó Dragón Shenron e pedirlle un desexo. Durante a viaxe, coñecen a Oolong, Yamcha e Puar. Todos xuntos embárcanse nunha perigosa aventura enfrontándose ó terrible exército da Red Ribbon, mandados polo malvado xeneral White. Goku combate a robots de gran poder e espectaculares técnicas de combate. Unha vez superado o obstáculo, o grupo segue o seu camiño ata enfrontarse ó xeneral Blue coa axuda do Mestre Mutenroi.
Personaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Animes | |
---|
Serie web | |
---|
Especiais de TV | |
---|
Filmes de anime | As bólas máxicas | |
---|
Dragon Ball Z | |
---|
Dragon Ball Super | |
---|
|
---|
Curtametraxes | |
---|
Estrea en vídeo caseiro | |
---|
Filmes de acción en vivo | |
---|