Superbatalla na Terra (ドラゴンボールZ この世で一番強いヤツ, Doragon Bōru Zetto: Chikyū Marugoto Chōkessen?) é un filme de animación xaponesa dirixido por Daisuke Nishio que se estreou en 1990. Sexto filme baseada no manga e anime Dragon Ball creado por Akira Toriyama e terceiro da etapa Dragon Ball Z.
Sinopse
Oolong, Son Gohanda, Bulma e Krilín gozan dunha acampada, ata que unha nave espacial aterra perigosamente no bosque onde estaban e ocasiona un incendio. Por sorte Krilín e Son Gohanda conseguen apagalo incendio. Aquí Son Gohanda coñece á súa mascota preferida, o dragón voador, a quen salvou da catástrofe que ameazaba o bosque onde vivía. Deciden reunir as Bólas do Dragón para restaurar o bosque por completo. De volta a casa, Chichi non está satisfeita con Gohan, pois quere que continúe cos seus estudos e estea menos tempo cos amigos de Goku.
Daquela nave espacial saen Turles, un dos guerreiros do espazo que sobreviviu á destrución que Freezer ocasionou ó Planeta Vexeta; moi semellante a Goku, conta cunhas curiosas forzas especiais: Rakasei, Cacao, Lesn, Amond e Daizu. Turles sabe que Goku está na Terra grazas ó seu rastrexador e fai medrar unha semente da Árbore do zume sagrado (神精樹, Shinseiju?), que segundo os seus propósitos absorberá a enerxía da Terra. Ademais, o froito da árbore aumenta a enerxía de quen se alimente del. Kaiō do norte avisa a Goku da aparición deste saiyan, así Son Goku, Son Gohanda, Krilín, Piccoro, Yamcha, Ten Shin Han e Chaoz derrotan ós secuaces de Turles non sen certas dificultades.
Tras unha difícil batalla, Goku destrúe a Turles e á árbore cunha Genkidama e a Terra recupera toda a súa enerxía.
Personaxes
Personaxes exclusivos do filme
Turles
Seiyū: Masako Nozawa
É un membro dos Guerreiros do espazo que traballa pola súa conta conquistando planetas. Ten unha aparencia case igual á de Goku pero cunha pel máis escura. Isto débese, segundo explica el mesmo, a que ambos son guerreiros de clase baixa, os cales contan con poucos fenotipos. En cada planeta que conquistaba plantaba unha semente da devandita árbore, e ó comer o seu froito o seu poder de pelexa foi aumentando notablemente.
O seu nome é un anagrama da palabra en inglés para leituga, Lettuce (レタス, Letasu?).
Amond
- Seiyū: Banjō Ginga.
Amond (アモンド, Amondo?) é un alieníxena baixo o mando de Turles, parece un humano alto e moi musculoso pero con pel de cor laranxa, ten cabelo cor viño. Pelexa e vence a Krilín pero logo é vencido por Goku. O seu nome é unha deformación da palabra en inglés para Améndoa, Almond (アーモンド, Āmondo?).
Daizu
- Seiyū: Yūji Machi.
Daizu (ダイーズ, Daīzu?) é un alieníxena baixo o mando de Turles, ten a aparencia dun humano musculoso, ten o cabelo azul amarrado nunha cola de cabalo. Pelexa dúas veces contra Goku, quen o vence ambas. O seu nome é unha deformación da palabra en xaponés para Soia, Daizu (大豆?).
Cacao
- Seiyū: Nobuo Satouchi.
Cacao (カカオ, Kakao?) é un alieníxena baixo o mando de Turles, é un Cyborg, o seu corpo é de cor rosa cunha armadura prateada. Pelexa e vence a Yamcha pero logo é vencido por Goku. O seu nome provén de Cacao.
Lesn & Rakasei
- Seiyū: Kenji Utsumi.
Lesn (レズン, Lezun?) e Rakasei (ラカセイ?) son dous alieníxenas baixo o mando de Turles, son dous xemelgos pequenos que poden xuntarse nun só corpo, parécense a Gurd pero sen ollos extra. Pelexan e vencen a Ten Shin Han e Chaoz pero logo son vencidos por Goku. O nome de Lesn é un anagrama da palabra en inglés para lentella, Lens (レンズ豆, Lenzu?), o de seu xemelgo é unha deformación da palabra en xaponés para maní, Rakkasei (落花生?).
Música
Tema de apertura
CHA-LA HEAD-CHA-LA - Hironobu Kageyama
Tema de peche
"Marugoto" (まるごと?) - Hironobu Kageyama e Ammy
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Animes | |
---|
Serie web | |
---|
Especiais de TV | |
---|
Filmes de anime | As bólas máxicas | |
---|
Dragon Ball Z | |
---|
Dragon Ball Super | |
---|
|
---|
Curtametraxes | |
---|
Estrea en vídeo caseiro | |
---|
Filmes de acción en vivo | |
---|