Ángel Serafín Porto Ucha, nado en Guláns (Ponteareas) o 1 de abril de 1945[1], é un docente e investigador galego.
Tras formarse e exercer como mestre de ensino primario, doutorouse en Filosofía e Ciencias da Educación na UNED coa tese La Institución Libre de Enseñanza en Galicia (1985). Foi titor no Centro Rexional da UNED en Pontevedra e Profesor Titular de Didáctica e Organización Escolar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela dende 1989 ata 2014, ano en que se xubilou[2]. Dende entón é profesor ad Honorem.
Leva publicado numerosos libros e artigos sobre a Institución Libre de Enseñanza e as súas relacións con Galicia, a depuración do maxisterio, os procesos de formación docente, e historias de vida de mestres e mestras[3].