O río Támega, ademais do río, é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a toda a cunca fluvial galega do río Támega, que é o chamado val de Monterrei ata a raia portuguesa, e os seus afluentes. Esta área de conservación ocupa 630,46 ha. dos concellos Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra e Verín, todos da comarca de Verín.[1][2][3][4][5][6]
No espazo natural do río Támega dominan as ribeiras arredor do Támega e os seus afluentes con masas de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior)e prados de sega con especies como Alopecurus pratensis e Sanguisorba officinalis. Séguenlle os vales e abas, que decorren desde o río ata as montañas, e onde aparece vexetación de auga ou parcialmente de auga e de musgos acuáticos.[5][6]
Ademais destes hábitats, están presentes ribeiras lamacentas e áreas con augas estancadas, oligotróficas e mesotróficas. Destacan tamén os queirogais húmidos atlánticos de Erica ciliaris e E. tetralix.[5][6]
As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[5]
Entre a fauna do espazo destacan os invertebrados Cerambyx cerdo, Lucanus cervus, o sapo Pelobates cultripes e os morcegos Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus hipposideros. Entre as aves están presentes 15 especies de interese, como son o caso de Elanus caeruleus, Lullula arborea, Emberiza hortulana ou Sylvia undata.[5][6]
As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[5]
O río Támega foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 dentro da rexión atlántica e en setembro de 2006 dentro da rexión mediterránea e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[5][6]