Marius Aristide Yves Giraud-Cabantous, nado en Saint-Gaudens (Haute-Garonne) o 8 de outubro de 1904 e finado en París o 30 de marzo de 1973, foi un piloto de carreiras francés.
Traxectoria
Pilotou na Fórmula 1 de 1950 a 1953, participando en 13 Grandes Premios do Campionato do Mundo, ademais de numerosas carreiras fora do campionato de Fórmula Un.[1]
Pilotou un Talbot-Lago-Talbot en 10 carreiras do campionato en 1950 e 1951, e os seus tres últimos eventos foron nun HWM-Alta. Logrou un total de 5 puntos do Campionato, 3 no Gran Premio do Reino Unido de 1950 (tamén a súa posición máis alta, un cuarto lugar) e 2 no Gran Premio de Bélxica de 1951.[2] Morreu en París, con 68 anos de idade.
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas