Os Yeah Yeah Yeahs é unha banda de indie rock e garage punk de Nova York, liderados pola vocalista Karen O. Os outros membros son Brian Chase (batería) e Nick Zinner (guitarra). A súa música é unha mestura de estilos retro con guitarras punk/rock fortes, sons sintéticos, erráticos e estridentes, ós que se une unha voz melancólica. A banda formouse no ano 2000. Todo iniciouse na forma dun dúo folk entre Nick Zinner e Karen O, que posteriormente decidiron tomar un novo camiño máis "eléctrico", inspirándose na escena avant-punk de Ohio. Despois de que o seu anterior batería abandonara a banda, Chase uniuse á formación, que permanece inalterada ata hoxe.
Historia
Karen O e Brian Chase coñecéronse no Oberlin College de Ohio a finais dos 90, onde Chase era estudante de jazz no conservatorio. Karen pasouse á Universidade de Nova York, e mentres estaba en Nova York coñeceu a Zinner nun bar da cidade. Durante ese tempo compartiron un apartamento en Manhattan con futuros membros da banda Metric.[1] Os dous formaron un dúo acústico chamado "Unitard", pero querían facer algo eléctrico inspirados pola escena avant-punk de Ohio. Despois de que o batería que recrutaran se despedise, Chase uniuse a eles e decidiron formar unha banda punk semellante aos grupo de estudantes de arte que Karen tivera en Ohio.
A estrea dos Yeah Yeah Yeahs foi un EP autotitulado lanzado en xullo do ano 2001. Continuaron con outro EP, Machine, ó ano seguinte. No 2003 lanzaron o seu primeiro disco completo, Fever To Tell
Fever to Tell recibiu boas críticas, coma un dos mellores álbums do ano 2003. O seu sinxelo "Maps" foi programado con frecuencia nas radios alternativas. O vídeo do seu sinxelo de 2004, "Y Control", foi dirixido por Spike Jonze, quen estivo relacionado con Karen O durante un tempo. En outubro de 2004 lanzouse o seu primeiro DVD, Tell Me What Rockers To Swallow, incluíndo un concerto gravado en The Fillmore en San Francisco, tódolos vídeos da banda e entrevistas.
Show Your Bones e Is Is
O seu segundo álbum, Show Your Bones, saíu á venda o 28 de marzo de 2006. O nome do seu novo disco está aparentemente inspirado polo antixenio de 9 anos Drake Barret, describindo o que acontece cando metes os dedos nun enchufe eléctrico. O primeiro sinxelo do álbum, "Gold Lion" publicouse o 20 de marzo. A banda iniciou unha xira, na que actuaron no Primavera Sound de Barcelona. No mes de decembro foi elixido o segundo mellor álbum do ano pola revista NME, á vez que "Cheated Hearts" foi votada como a décima mellor canción. A Rolling Stone elixiuno no posto 44 dos mellores álbums do ano e a revista Spin situouno no posto 31 dos 40 mellores álbums do 2006.
O terceiro EP de Yeah Yeah Yeahs, Is Is, foi editado o 24 de xullo do 2007. Nel incluíanse cinco cancións anteriormente non editadas e unha pequena película, gravada en GlassLands Gallery en Brooklyn. Os temas foron compostos no ano 2004, durante a xira do Fever To Tell, e as tocaron en directo a miúdo. Tres deles aparecen tamén no DVD Tell Me What Rockers to Swallow.
O seguinte álbum apareceu en marzo do ano 2009 e foi bautizado It's Blitz!. Inicialmente a súa edición estaba prevista para o 13 de abril, pero despois de ser filtrado en Internet o 22 de febreiro o selo da banda, Interscope Records, adiantou o lanzamento para reducir o impacto da filtración nas vendas do disco. O álbum foi elixido o segundo mellor do 2009 pola revista Spin e o terceiro mellor pola NME, e a canción "Zero" foi considerada a mellor do ano por ambas publicacións.
Discografía
Álbums de estudio
EPs
Sinxelos
De Fever to Tell:
De 'Show Your Bones:
- 2006 - "Gold Lion"
- 2006 - "Turn Into"
- 2006 - "Cheated Hearts"
Rarezas e Lados B
DVD
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Videos | |
---|
Sinxelos | |
---|
- ↑ "Emily Haines of Metric Interview". Ladygunn (en inglés). 2010-11-28. Consultado o 2023-12-10.