Brian Chase, nado o 2 de decembro de 1978 en Long Island, Nova York, é un batería estadounidense coñecido por tocar na banda de indie rock Yeah Yeah Yeahs. Foi elixido pola revista en liña Gigwise como un dos 50 mellores baterías de todos os tempos[1].
Biografía
Chase medrou en Long Island, Nova York e asistiu á Friends Academy en Locust Valley, e ao Oberlin Conservatory of Music.
Ademais de tocar en Yeah Yeah Yeahs Chase tamén o fai na banda The Seconds, e adoitaba a tocar coa banda da súa ex-moza Emily Manzo ata que a parella se desfixo no ano 2006. Actuou con varos dúos experimentais con outros músicos como Stefan Tcherepnin e Seth Misterka, co cal editou un CD no ano 2007 a través do selo australiano Heathen Skulls. Outros músicos cos que tocou son Jessica Pavone, Mary Halvorson, Moppa Elliott, e os grupos Oakley Hall, Blarvustert e The Sway Machinery.
En maio do 2010 o dúo Chase/Misterka actuou no Melbourne International Jazz Festival e despois realizou unha xira por australia durante un mes.
Na actualidade vive en Greenpoint, Brooklyn. É sinestésico e ve cores cando toca ou escoita música.
Notas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Videos | |
---|
Sinxelos | |
---|