Show Your Bones é o segundo álbum da banda estadounidense de indie rock Yeah Yeah Yeahs. Foi lanzado o 27 de marzo do 2006 (un día despois en Norteamérica) e nomeado ao premio Grammy ao mellor álbum de música alternativa.
O álbum ten un ton máis moderado que as súas edicións anteriores. O produtor Squeak E. Clean engadiu capas sutís de teclados, sereas, campás e palmas, e en cinco dos once cortes predomina o son da guitarra acústica.
En decembro do 2006 foi nomeado segundo mellor álbum do ano pola revista NME, e "Cheated Hearts" foi votado como o décimo mellor tema. Rolling Stone elixiuno o 44 mellor álbum do 2006, mentres que Spin colocouno no posto 31 na súa lista dos 40 mellores álbums do ano.
Despois da súa edición, o álbum estreouse no posto 11 da lista Billboard 200, ao vender ao redor das 56.000 copias na súa primeira semana.
Listaxe de cancións
- "Gold Lion" - 3:07
- "Way Out" - 2:51
- "Fancy" - 4:24
- "Phenomena" - 4:10
- "Honeybear" - 2:25
- "Cheated Hearts" - 3:58
- "Dudley" - 3:41
- "Mysteries" - 2:35
- "The Sweets" - 3:55
- "Warrior" - 3:42
- "Turn Into" - 4:05
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Videos | |
---|
Sinxelos | |
---|