Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Xosé García Rodríguez

Modelo:BiografíaXosé García Rodríguez

Xosé de Cea en 2021
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Socorro Cea Vázquez Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1531787 AELG: 593 Dialnet: 5884036

Xosé García Rodríguez, nado en Barcelona o 13 de outubro de 1970, é un escritor e xornalista galego.

Traxectoria

Fillo de emigrantes, regresou en 1984 a Palas de Rei, residindo actualmente en Melide. É licenciado en Xornalismo pola Universidade do País Vasco. Tamén traballou como profesor de xadrez e oleiro (graduado superior en Cerámica Artística pola Escola de Arte e Superior de Deseño EASD Ramón Falcón). Na súa faceta xornalística, ten colaborado con artigos en A Nosa Terra, Tempos Novos, Praza Pública e Página Abierta, sendo correspondente de La Voz de Galicia nas comarcas de Arzúa e Melide entre 1999 e 2002. Dende finais do 2002 até o verán de 2021 traballou no gabinete de prensa do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e coordinou o seu voceiro Fouce. Como escritor usou varios pseudónimos, como Cibrán Ulloa ou Xosé de Cea,[1] decantándose por utilizar en exclusiva este último na súa obra publicada dende 2018 e no que toma o apelido da súa muller Soqui Cea.

Obra

Poesía

Literatura infanto-xuvenil

Ensaio

  • Baixo a lona preta. Xornal de viaxe dun brigadista na Bahia do MST (2013). Estaleiro. Publicado como Xosé García Rodríguez.

Novela

Relato

  • A cámara estéril (2023). Relato publicado en cinco entregas no xornal Nós Diario do 22 ao 26 de agosto de 2023.

Obras colectivas

  • XIV Certame Francisco Añón de Poesía (Solsticio de río), 2010, Concello de Outes.
  • E de súpeto o inverno, 2017. Agalir Ediciones Solidarias.
  • Andares. A Terra do Medio, 2019. Libro de homenaxe a Xosé Vázquez Pintor.
  • Xistral Revista Lucense de Creación Poética, nº 22, 2020. Concello de Lugo.
  • 75 apertas de buxo, 2021. Edicións Fervenza.
  • Cuaderno de viaje. Camino Primitivo (en asturiano). Patanegra Ediciones de Arte, 2022.

Premios

  • Gañador do I Premio de Poesía Letras de Cal no 2000, por Presencia da fenda.
  • Gañador do I Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil no 2004, por O lume dos soños.[7]
  • Accésit no XIV Certame de Poesía Francisco Añón, convocado polo concello de Outes no 2010, por Solsticio de río.
  • Finalista do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, convocado pola Deputación da Coruña en 2018, por Revolución Detrito.
  • Finalista do IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) e o Concello de Vilalba en 2020, por En terra rara.
  • Finalista do XXXII Premio de Narrativa Torrente Ballester en lingua galega, convocado pola Deputación da Coruña en 2020, por Coímbra.
  • Gañador do V Premio de Poesía Eduardo Pondal, convocado por Medulia Editorial en 2023, por Dende a miña barricada de sofás e canapés.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya