Xerardo Agrafoxo Pérez, nado en Noia o 15 de outubro de 1952, é un profesor e escritor galego.[1]
Traxectoria
Mestre de EXB e profesor de ensino medio en Boiro, é licenciado en Xeografía e Historia, graduado en Historia[2] e doutor en Prehistoria pola Universidade de Santiago de Compostela,[3] e dedícase á investigación histórica especialmente sobre a Guerra civil española en Lousame e Noia.
Publicou varios traballos na revista de Noia Alameda.[4]
Obras
Ensaio
- Noia unha vila histórica. Dende a orixe ata a edade moderna (1987). Colexio Público de Lousame. 182 páxs.
- Poboamento castrexo na rexión occidental da provincia da Coruña (1989). Dirección Xeral do Patrimonio Histório-Artístico da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. 242 páxs.
- Catrocentos anos na historia da Vila de Noia (1990). Toxosoutos. 250 páxs.
- A cultura castrexa nos concellos de Outes, Muros e Carnota (1991). G. Sementeira. 100 páxs.
- O hábitat castrexo no val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra (1992). Toxosoutos. 208 páxs.
- Didáctica da historia antiga e medieval de Galicia (1993). Toxosoutos. 196 páxs.
- A segunda república en Lousame e Noia. Radiografía dunha época (1993). Concello de Lousame. 347 páxs.
- Didáctica da historia moderna de Galicia. O antigo réxime (1995). Toxosoutos. 213 páxs.
- 1936, a guerra civil en Lousame e Noia. Testemuñas dunha represión (1995). Concello de Lousame. 493 páxs.
- Didáctica da historia contemporánea de Galicia (1997). Toxosoutos. 296 páxs.
- 1937, a guerra civil en Lousame e Noia. O fusilamento de David Mariño Ramos (1997). Concello de Lousame. 440 páxs.
- 1938-1939, a guerra civil en Lousame e Noia. O triple crime de Marselle, a traxedia do Baleares (1999). Concello de Lousame. 704 páxs.
- Memorias do franquismo (2002). Toxosoutos. 949 páxs.
- Crónicas dunha democracia. A transición política en Noia: os dous mandatos de Díaz Fornas (2006). Toxosoutos. 332 páxs.
- A revolta nacionalista. A Noia de Pastor Alonso. O goberno de Bieito González (2006). Toxosoutos. 634 páxs.
- Biografía de María Mariño (2007). Galaxia. 176 páxs.
- María Mariño: Retrato dunha vida (2007). Fundación Caixa Galicia.
- Noia no cambio de século (2008). Toxosoutos. 584 páxs.
- Quen matou o Cantino? O 36 no Concello de Noia (2013). Xerais, Memoria. 160 páxs.
- Historia de Noia (2019). Deputación da Coruña. Non venal.
Narrativa
Viaxes
Premios
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas