Willemstad é a capital de Curaçao, unha illa no sur do mar Caribe que forma un país constituínte do Reino dos Países Baixos. Antigamente era a capital das Antillas Neerlandesas antes da súa disolución en 2010, ten unha poboación estimada de 150.000 habitantes. Willemstad é o fogar da sinagoga de Curaçao, a sinagoga máis antiga das Américas. O centro histórico da cidade componse de catro partes: Punda e Otrobanda, que están separadas pola Baía de Santa Ana, unha entrada que conduce ao gran porto natural chamado Schottegat, así como os barrios de Scharloo e Pietermaai Smal, que están un fronte ao outro no pequeno porto de Waaigat. O centro da cidade, coa súa singular arquitectura e a entrada do porto, foi declarada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Historia
Punda fundouse en 1634, cando os holandeses arrebataron a illa a España. O nome orixinal de Punda era de punt en holandés. Otrobanda, fundouse en 1707, é a parte máis nova da cidade e é considerado como o centro cultural de Willemstad. O seu nome provén de "otro banda" en papiamento que significa outra banda.
O Turismo é unha industria importante e a cidade ten varios casinos. O centro da cidade de Willemstad ten un arsenal de arquitectura colonial que está influenciado por estilos holandeses. Tamén leváronse a cabo investigacións arqueolóxicas.[2]
Industria
Debido á súa localización preto dos campos petrolíferos de Venezuela, a súa estabilidade política e o seu porto natural de augas profundas, Willemstad converteuse na base dun importante porto e refinaría. O porto de Willemstad é o maior porto de manipulación de petróleo no Caribe. A refinaría, no seu momento a máis grande no mundo, foi construída e era propiedade de Royal Dutch Shell en 1915.[3] Vendeuse ao goberno de Curaçao pola suma simbólica dun Florín en 1985[4] e agora esta alugada a PDVSA, a petroleira de propiedade estatal de Venezuela.
Servizos financeiros
Numerosas institucións financeiras instaláronse en Willemstad debido ás políticas fiscais favorables de Curaçao.
Punda e Otrobanda están conectados pola Ponte da Raíña Emma, unha longa ponte de pontóns. Aínda que está en uso, a maioría do tráfico por estrada utiliza a Ponte da Raíña Xuliana construída en 1967 (reconstruída 1974), que franquea a baía máis ao interior. Moi preto atópase tamén a Ponte da raíña Guillermina unha ponte levadiza que non funciona.
↑"General conditionsArquivado 24 de abril de 2015 en Wayback Machine." () Insel Air. Retrieved on 21 March 2014. "Our Registered Address is Dokweg 19, Maduro Plaza, Willemstad, Curaçao, Netherlands Antilles."