Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Viñetas desde o Atlántico

Viñetas desde o Atlántico

Tipofestival Editar o valor en Wikidata
Tema principalbanda deseñada Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Director/a artístico/aMiguelanxo Prado Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1998 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°22′N 8°24′O / 43.37, -8.4
LocalizaciónKiosco Alfonso Editar o valor en Wikidata
SedeA Coruña Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBvinetasdesdeoatlantico.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: Viñetas-desde-o-Atlántico-469678313127172 Twitter: vinetasdesde Instagram: vinetasdesde Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Miguelanxo Prado na edición de 2017.

Viñetas desde o Atlántico ou tamén coñecido como Salón do cómic da Coruña é un evento que se celebra na cidade da Coruña tódolos anos durante o verán.

Historia e características

A primeira edición celebrouse en 1998 e foi anunciada cun cartel deseñado por Miguelanxo Prado. Durante as vinte e cinco edicións até o 2023, diversos autores e autoras galegas realizaron o cartel anunciador.[1]

O evento combinaba exposicións con orixinais de autores clásicos, como Will Eisner, ou outros autores convidados, con charlas e outros eventos, no local do Quiosco Alfonso, no Palacio de María Pita, na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, na sala de exposicións do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), na sala municipal que alberga Palexco e nas rúas da cidade, con reproducións de personaxes da BD, tanto europeos como Asterix e Obelix como superheroes de DC Comics e Marvel ocupando lugares emblemáticos da cidade.[2]

A súa VIII edición foi celebrada entre os días 15 e 22 de agosto do 2005. Nesta edición foi celebrado o 50 aniversario do Capitán Trueno.[3]

A XI edición celebrouse entre o 11 e o 17 de agosto de 2008 e tivo entre os seus convidados a Catel Muller, Daniel Acuña, David Aja, Howard Cruse, José Louis Bocquet, Luc Brunschwig, Mark Buckingham, Olivier Ka, Sergio Bleda, Francisco Solano López e Étienne le Roux. Tamén se realizaron diferentes charlas e exposicións sobre a BD Arrugas de Paco Roca, Solano López, David Aja, Olivier Ka etc.

Durante a pandemia de Covid-19 o festival mantivo actividade e presenza retransmitindo actos en streaming.[4]

Dirección

Desde 1998 até 2023 o seu director foi Miguelanxo Prado. En marzo de 2023 convocou unha roda de prensa para explicar a súa renuncia após 25 anos, onde explicou que foi o resultado dunha combinación de descontento coa xestión orzamentaria, desafíos estruturais e organizativos e discrepancias coa administración local, o que o levou a tomar a decisión despois de 15 anos considerándoo.[5][6] En agosto de 2023 tivo lugar a primeira edición non dirixida por Prado.

Notas

  1. "Presentación". Viñetas desde o Atlántico. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2023. Consultado o 2023-12-17. 
  2. Vigo, mar mato- (2010-08-08). "Los clásicos del cómic americano llegan a Galicia". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-12-17. 
  3. "O Capitán Trueno centra o Viñetas desde o Atlántico". www.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2023-12-17. 
  4. "Charla Agustín Ferrer Casas - 22 agosto - Viñetas 2020". Consultado o 2023-12-17. 
  5. Diario, Nós (2023-03-29). "Miguelanxo Prado renuncia á dirección de Viñetas desde o Atlántico após 25 anos". Nós Diario. Consultado o 2023-12-17. 
  6. "Miguelanxo Prado: «Foron 15 anos de pensalo, era unha situación límite»". La Voz de Galicia. 2023-03-30. Consultado o 2023-12-17. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya