DC Comics

Logo de DC Comics.

DC Comics é unha editorial estadounidense de banda deseñada. Forma parte de DC Entertainment,[1] unha das empresas que conforman Warner Bros. Entertainment, a cal á súa vez é propiedade de WarnerMedia. Foi fundada en 1934 baixo o nome National Allied Publications, para logo tomar o nome de DC Comics en 1937. As iniciais «DC» son unha abreviatura de Detective Comics, un dos primeiros títulos emblemáticos da compañía.

Entre algúns das súas personaxes máis senlleiras atópanse Superman, Batman, Wonder Woman, Catwoman, Flash, Cyborg, Lanterna Verde, Aquaman, Green Arrow, Supergirl, Batgirl, Batwoman, Black Lightning, Jonah Hex,Shazam e grupos de heroes como Liga da Xustiza, Sociedade da Xustiza de América, ou Teen Titans, Green Lantern Corps. Entre o material non relacionado co seu universo heroico están Watchmen, V de Vendetta, The Sandman e moitos outros, polo xeral baixo o subselo editorial como Vertigo ou Milestone Media. A súa sede principal atopábase historicamente na cidade de Nova York, mais dende 2015 mudaron as súas oficinas á cidade de Burbank, California.[2]

Notas

  1. Melrose, Kevin (10 de outubro de 2009). "DC Entertainment - what we know so far". Comic Book Resources. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2016. Consultado o 11 de setembro de 2009. 
  2. Hoovers (ed.). "DC COMICS INC. Company Information". 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!