Ursula Bassler, nada en Alemaña en 1965, é unha física, subdirectora do CNRS Centro Nacional para a Investigación Científica e presidenta do Consello do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) desde xaneiro de 2019.
Traxectoria
Bassler naceu en Alemaña en 1965.[1] Trasladouse a Francia como au pair. Completou o seu doutoramento en física de partículas na Universidade Pierre e Marie Curie en 1993.[2]
Uniuse ao Laboratorio Nuclear e de alta Enerxía (LPHNE) en París, onde traballou en física de partículas baseada en colisionadores.[3] O LPHNE é unha unidade de investigación conxunta entre CNRS e a Universidade Pierre e Marie Curie. Traballou na estrutura do protón utilizando o Acelerador de partículas HERA como membro do experimento H1 en DESY en Alemaña.[2][4]
En 1998 uniuse ao experimento D0 no colisionador de Fermilab o cal estuda os bloques básicos da materia.[2][5] Ela executou a calibración fóra de liña do calorímetro.[6] Foi parte do grupo de traballo Dispersión inelástica profunda durante 1999.[7] Durante o 2005 (Ano Mundial de Físicas) mantivo un blog en Diarios Cuánticos.[8] Entre 2007 e 2013 dirixiu a división de física de partículas no Instituto de Investigación sobre as leis fundamentais do Universo - IRFU-CEA.[9] Forma parte do Comité asesor internacional da Universidade Nacional An-Najah.[10] Creo o proxecto Colisións, un proxecto multimedia que deu unha visión xeral dos físicos e enxeñeiros que traballan para o Gran Colisor de Hadróns.[1]
Até 2015, foi subdirectora científica en IN2P3 para física e informática de partículas.[11] No IN2P3, preparou as actualizacións para o Gran Colisor de Hadróns de Alta Luminosidade e a "European Open Science Cloud".[2] A actualización (HL-LHC) comezou en xuño de 2018 .É membro do consello científico de DESY. En setembro de 2018 foi nomeada 23.º Presidente de consello do CERN.[12] A súa candidatura foi proposta por Francia e Alemaña.
Notas