Universidade da Cidade de Nova York
Universidade da Cidade de Nova York |
---|
| Datos xerais |
---|
Fundación | 1961 (fusión) |
---|
Datos actuais |
---|
Alumnos | máis de 450.000 |
---|
Datos de contacto |
---|
| [ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade da Cidade de Nova York (en inglés, City University of New York; CUNY; acrónimo pronunciado /ˈkjuːni/) é un consorcio de 11 universidades, seis 'colexios comunitarios', unha escola de posgrao que concede doutoramento, unha escola de Xornalismo e unha facultade de Dereito.
Máis de 450.000 estudantes adultos están matriculados en campus situados nos cinco distritos de Nova York.
CUNY é o terceiro consorcio universitario máis grande dos Estados Unidos por número de estudantes, só superado polos sistemas da Universidade Estatal de Nova York (SUNY) e da Universidade Estatal de California (Cal State). CUNY e SUNY son sistemas universitarios separados e independentes, aínda que ambas son institucións públicas que reciben financiamento do Estado de Nova York; con todo, CUNY está financiado adicionalmente pola cidade de Nova York.
Historia
CUNY creouse en 1961 fusionando o sistema municipal de universidades de Nova York e engadindo unha nova escola de posgrao. As institucións municipais que se fusionaron foron:
- The Free Academy, fundada en 1847 por Townsend Harris, e que se converteu no City College of New York .
- The Female Normal and High School, fundada en 1870, máis tarde renomeada como Normal College primeiro e Hunter College en 1914. Hunter College expandiuse ao Bronx cun campus que máis tarde se independizou como Lehman College.
- Brooklyn College, fundado en 1930.
- Queen's College, fundado en 1937.
Os inicios de CUNY datan da formación da Academia Libre (TFA) en 1847 por Townsend Harris. A institución formouse como "unha Academia Libre co propósito de estender os beneficios da educación gratuíta ás persoas que foran alumnos das escolas comúns da cidade e do condado de Nova York". A Free Academy converteuse máis tarde no City College of New York, a institución máis antiga entre as que compoñen CUNY. Desde entón, pasou a ser sete colexios, catro escolas híbridas, seis colexios comunitarios, así como escolas de posgrao e programas profesionais.
CUNY atendeu historicamente a un corpo diverso de estudantes, especialmente aqueles que están excluídos ou non poden pagar as universidades privadas. CUNY proporcionou unha educación gratuíta para os pobres, a clase traballadora e os inmigrantes da cidade de Nova York até 1975, cando a crise fiscal da cidade obrigou a impoñer unha taxa de matrícula. Moitos académicos e intelectuais xudeus estudaron e ensinaron na CUNY na era posterior á Segunda guerra gundial, cando as universidades da Ivy League, como a Universidade de Yale, discriminaban aos xudeus.[1] CUNY tivo a reputación de ser "o Harvard do proletariado".[2] [3]
Ao longo da súa historia, CUNY e os seus colexios, especialmente o City College of New York (CCNY), estiveron implicados en varios movementos políticos. Foi coñecido como un fervedoiro de apoio socialista no século XX.[4] CUNY apoiou varias conferencias, como a Conference of Socialist Scholars.[5]
A tradición de diversidade de CUNY continúa hoxe, cunha grande proporción do seu alumnado formada por novos inmigrantes á cidade de Nova York procedentes de 171 países.[6]
Edificios
- CUNY School of Medicine, Facultade de Medicina.
Unidades académicas de CUNY
- Unidades académicas de CUNY
-
Queens College.
-
Kingsborough Community College.
-
Escola de música Lehman.
-
Salón Aaron Davis en The City College
-
Brooklyn College.
-
Centro de graduados de CUNY.
Exalumnos destacados
CUNY conta con exalumnos prominentes nos máis diversos campos, desde a política á medicina[35], entre eles Colin Powell, ex Secretario de Estado; Jonas Salk, inventor da primeira vacina contra a poliomielite; Ralph Lauren, deseñador de moda; Jennifer Lopez, cantante e actriz de orixe portorriqueña; Tarkan, cantante turco; Bella Abzug, avogada e política estadounidense; Ruby Dee, actriz e activista pro dereitos civís; Audre Lorde (Hunter College, 1959), poeta e activista lesbiana afroamericana; Barbara Boxer, pacifista, ecoloxista e senadora demócrata por California; Gata Kamski, MI de xadrez, Frank McCourt, novelista, autor de Angela's ashes e gañador do Pulitzer; Paul Mazursky, guionista, produtor e actor, F. Murray Abraham, actor gañador dun Oscar; Chantal Akerman, director de cine; Hannah Arendt, filósofa; J. Patrice McSherry profesora universitaria e investigadora da operación Cóndor, Allen Ginsberg, poeta da xeración beat, Bell hooks, escritora e crítica; Paul Krugman, economista; Audre Lorde, poeta e activista; Adrienne Rich, poeta e activista; Abraham Maslow, psicólogo humanista; Stanley Milgram, psicólogo social; Itzhak Perlman, violinista; Mark Rothko, pintor expresionista; Eve Kosofsky Sedgwick, crítica literaria.
Premios Nobel
Até 2008, houbo 12 premios Nobel afiliados á City University de Nova York. CUNY considera que calquera laureado que asistiu a unha das súas facultades superiores é un laureado afiliado.[36] Arthur Kornberg, graduado en 1937, foi o primeiro laureado CUNY ao gañar o Premio Nobel de Medicina en 1959.[36] Herbert A. Hauptman e Jerome Karle, ambos graduados do City College en 1937 xunto con Kornberg, gañaron en conxunto o Premio Nobel de Química en 1985, sendo os únicos en facelo dese xeito.[36] Cinco galardoados de CUNY gañaron o Premio Nobel de Medicina, máis que en calquera outra categoría.[37] Nove graduáronse no City College; dúas delas, Rosalyn Yalow e Gertrude Belle Elion, no Hunter College; e un, Stanley Cohen, no Brooklyn College en 1943. Elie Wiesel, sobrevivente dos campos de concentración nazis, novelista e activista vinculado á CUNY tamén foi gañador do Nobel da Paz.
Ano
|
Imaxe
|
Laureado
|
Relación
|
Categoría
|
Motivo
|
1959
|
|
Arthur Kornberg
(compartido con Severo Ochoa)
|
City College of New York, clase de 1937
|
Fisioloxía ou Medicina
|
"polo seu descubrimento dos mecanismos na síntese biolóxica do ácido ribonucleico e do ácido desoxirribonucleico"[36]
|
1961
|
|
Robert Hofstadter
(compartido con Rudolf Ludwig Mößbauer)
|
City College of New York, clase de 1935
|
Física
|
"polos seus estudos pioneros sobre a dispersión do electrón nos núcleos atómicos e polos seus descubrimentos relativos á estrutura dos nucleóns"[38]
|
1970
|
|
Julius Axelrod
(compartido con Bernard Katz e Ulf von Euler)
|
City College of New York, clase de 1933
|
Fisioloxía ou Medicina
|
"polos seus descubrimentos concernentes ás transmisións químicas nas terminacións nerviosas e o mecanismo de almacenaxe, liberación e inactivación destes neurotransmisores"[39]
|
1972
|
|
Kenneth Arrow
(compartido con John Hicks)
|
City College of New York, clase de 1940
|
Economía
|
"polas súas contribucións pioneiras á Teoría do equilibrio xeral e á Teoría do Estado de benestar."[40]
|
1977
|
|
Rosalyn Yalow (compartido con Roger Guillemin e Andrew Victor Schally)
|
Hunter College, clase de 1941
|
Fisioloxía ou Medicina
|
"polo desenvolvemento de radioinmunoensaios de hormonas péptídicas"[41]
|
1978
|
|
Arno Allan Penzias (compartido con Piotr Kapitsa e Robert Woodrow Wilson)
|
City College of New York, clase de 1954
|
Física
|
|
1985
|
|
Herbert A. Hauptman (compartido con Jerome Karle)
|
City College of New York, clase de 1937
|
Química
|
"polos seus logros en desenvolver métodos directos para a determinación de estruturas cristalinas"[42]
|
1985
|
|
Jerome Karle
(compartido con Herbert A. Hauptman)
|
City College of New York, clase de 1937
|
Química
|
"polos seus logros en desenvolver métodos directos para a determinación de estruturas cristalinas"[42]
|
1986
|
|
Stanley Cohen
(compartido con Christiane Nüsslein-Volhard)
|
Brooklyn College, clase de 1943
|
Fisioloxía ou Medicina
|
"polos seus descubrimientos de factores de crecemento"[43]
|
1988
|
|
Gertrude Belle Elion
(compartido con James W. Black e George H. Hitchings)
|
Hunter College, clase de 1937
|
Fisioloxía ou Medicina
|
"polos seus descubrimentos de importantes principios para tratamentos con fármacos"[44]
|
1988
|
|
Leon Max Lederman
(compartido con Melvin Schwartz e Jack Steinberger)
|
City College of New York, clase de 1943
|
Física
|
"polo método de detección dos neutrinos e a demostración da doble estrutura dos leptóns por medio do descubrimento do neutrino muon"[45]
|
2005
|
|
Robert J. Aumann
(compartido con Thomas Schelling)
|
City College of New York, clase de 1950
|
Economía
|
"ter ampliado a nosa comprensión de conflito e cooperación a través da análise da teoría de xogos"[46]
|
Notas
- ↑ Véxase, p. ex., A., Dan (1985). Joining the Club: A History of Jews at Yale (en inglés). New Haven: Yale University Press. ISBN 0-300-03330-3.
- ↑ Leveling the Playing Field: Justice, Politics, and College Admissions (en inglés).
- ↑ Traub, James (1994). City on a hill : testing the American dream at City College. Reading, Mass. : Addison-Wesley Pub. Co. ISBN 978-0-201-62227-0.
- ↑ Gettleman, Marvin (mayo de 1994). "When the Old Left Was Young: Student Radicals and America's First Mass Student Movement, 1929-1941. (book reviews)". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2007. Consultado o 10 de mayo de 2009.
- ↑ Cf. notas do reitor de CUNY Murphy aos líderes da Conferencia de académicos socialistas, "Memo de Bogdan Denitch a Joseph S. Murphy, reitor de CUNY na década de 1980" (en inglés). 1986. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2009. Consultado o 10 de maio de 2009.
- ↑ "About CUNY". www1.cuny.edu. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2007. Consultado o 21 de xullo de 2022.
- ↑ "Institution Lookup". Carnegie Classification of Institutions of Higher Education. 2004. Consultado o 5 de abril de 2009.
- ↑ "Historia de CUNY". CUNY. Arquivado dende o orixinal o 4 de xaneiro de 2009. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ CUNY Office of Institutional Research and Assessment (7 de marzo de 2008). "Número total de estudiantes de pregrado y posgrao, asistencia y universidad (otoño de 2007)" (PDF). CUNY Data Book. CUNY. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2010. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ 10,0 10,1 CUNY Office of Institutional Research and Assessment (7 de marzo de 2008). "Número total de estudiantes de pregrado y posgrao, asistencia y universidad (otoño de 2007)" (PDF). CUNY Data Book. CUNY. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2010. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Baruch College". Baruch College. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Bronx Community College". Bronx Community College. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Brooklyn College". Brooklyn College. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "College of Staten Island". College of Staten Island. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "New York City College of Technology". New York City College of Technology. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Centro de graduados de CUNY". Centro de graduados de CUNY. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Escola CUNY de posgrao de Periodismo". Escola CUNY de posgrao de Periodismo. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Hostos Community College". Hostos Community College. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2019. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Hunter College". Hunter College. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "John Jay College of Criminal Justice". John Jay College of Criminal Justice. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Kingsborough Community College". Kingsborough Community College. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "La Guardia Community College". La Guardia Community College. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Lehman College". Lehman College. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "William E. Macaulay Honors College". William E. Macaulay Honors College. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Manhattan Community College". Manhattan Community College. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Medgar Evers College". Medgar Evers College. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Queens College". Queens College. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 1997. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Queensborough Community College". Queensborough Community College. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Escola Sophie Davis de Educación Biomédica". Escola Sophie Davis de Educación Biomédica. Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2013. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Escola de Leis da Universidade da Cidade de Nova York". Escola de Leis da Universidade da Cidade de Nueva York. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Escola CUNY de Estudos profesionais". Escola CUNY de Estudios profesionales. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Escola CUNY de Salud Pública". Escola CUNY de Salud Pública. Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2008. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "City College of New York". The City College. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "York College". York College. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ "Alummni de CUNY". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2012. Consultado o 10 de maio de 2009.
- ↑ 36,0 36,1 36,2 36,3 "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1959". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008.
- ↑ "CUNY Nobel Laureates". City University of New York. Consultado o 18 de outubro de 2008.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 1961". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008.
- ↑ "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1970". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008.
- ↑ "The Sveriges Riksbank Prize in Economic Sciences in Memory of Alfred Nobel 1972". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008.
- ↑ "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1977". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008.
- ↑ 42,0 42,1 "The Nobel Prize in Chemistry 1985". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008.
- ↑ "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1986". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008.
- ↑ "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1988". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 1988". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008.
- ↑ "The Sveriges Riksbank Prize in Economic Sciences in Memory of Alfred Nobel 2005". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|
|