O Trofeo Xacobeo 93 foi un torneo amigable de fútbol disputado en Vigo en 1992.
Historia
En maio de 1992 a directiva do Celta de Vigo propúxolle a Manuel Fraga, naquel entón presidente da Xunta de Galicia, a celebración dun torneo amigable contra o Deportivo da Coruña, como parte dos actos de promoción do Ano Santo Xacobeo do ano seguinte.[1] Finalmente incluíuse tamén ao Lugo e o Compostela nun torneo que se disputou en agosto en Balaídos co nome de Xacobeo 93, cun patrocinio de 50 millóns de pesetas da Xunta.[2] O Deportivo e o Celta disputaron na final unha nova edición do seu particular derbi, despois de derrotaren a Compostela e Lugo respectivamente. O saque de honra foi realizado por Pelegrín e o club coruñés proclamouse campión cun solitario gol de Arturo.[3]
A pesar de que se planeaba unha segunda edición en 1993 que serviría como inauguración do Estadio Multiúsos de San Lázaro, a Xunta non outorgou finalmente o patrocinio do Xacobeo, o que ocasionou duras críticas de José María Caneda a Vázquez Portomeñe.[4] No seu lugar celebrouse o Trofeo Compostela 93.
Participantes
Partidos
Primeira semifinal
Segunda semifinal
Partido polo 3º posto
Final
Notas
- ↑ "El Celta propone disputar el «Xacobeo 93»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 20 de maio de 1992. p. 45.
- ↑ "Los santiagueses perdbírán ocho millones por el «Xacobeo 93»". La Voz de Galicia. 14 de xullo de 1992. p. 50.
- ↑ Vázquez, Xulio (31 de agosto de 1992). "Rojo y Arsenio escondieron varios ases". La Voz de Galicia (en castelán). p. 20.
- ↑ "Caneda arremete contra Portomeñe e Ignacio Núñez". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 3 de xuño de 1993. p. 49.
Véxase tamén
Outros artigos