Francisco 'Patxi' Salinas Fernández, nado en Bilbao o 17 de novembro de 1963, é un exfutbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e desenvolveu toda a súa carreira como futbolista no Athletic de Bilbao e no Celta de Vigo. Dende 2022 adestra o Portugalete.
Traxectoria
Como xogador
Medrou xunto ó seu irmán o tamén exfutbolista Julio Salinas, no barrio bilbaíno de San Adrián. Desde categorías inferiores xogou como defensa. Tras debutar co Athletic Club en primeira división gañou dúas ligas (1982-83, 1983-84) e unha Copa do Rei (1984). Foi internacional coa Selección Española absoluta en tres ocasións.[1]
Clubs
Como adestrador
En 2008 adestrou á Unión Deportiva Atlético Gramenet Milán, equipo de 2ª B de España.
En febreiro de 2010 deixou o cargo de Director Deportivo do Club Rápido de Bouzas tras dúas tempadas no cadro galego.
O 23 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación como adestrador do CD Ourense, en substitución de Cándido Gómez[2]. Porén, a crise económica do club levou á dimisión de Patxi Salinas en decembro dese mesmo ano[3].
En novembro de 2012 converteuse no sucesor de Martin Gregory á fronte do Melita F.C., penúltimo clasificado do campionato maltés.[4]
En xuño de 2013, chegou á Unió Esportiva Sant Andreu como adestrador do primeiro equipo,[5] do que se desvinculou sete meses despois.[6]
Na tempada 2016/17, foi o adestrador do Rápido de Bouzas,[7] co que quedou subcampión da Terceira División Galega e co que conseguiu o primeiro ascenso na historia do club á Segunda División B.[8][9]
Para a tempada 2017/18 fichou polo Burgos CF.[10] O 5 de febreiro de 2018, o club emitiu un comunicado informando da rescisión do contrato do técnico vasco.[11]
O 23 de maio firmou como adestrador do CD Badajoz da 2ª B,[12] aínda que foi despedido o 23 de outubro do mesmo ano, polos malos resultados do equipo.[13]
Palmarés
Como futbolista
Como adestrador
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas