Trofeo Juan Acuña

Modelo:Competición deportivaTrofeo Juan Acuña
Imaxe
Trofeo Juan Acuña 2004
Tipotorneo amistoso de fútbol Editar o valor en Wikidata
EpónimoXoán Acuña Editar o valor en Wikidata
OrganizadorDeportivo da Coruña Editar o valor en Wikidata
Número de participantes2 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Localizaciónestadio de Riazor (A Coruña) 43°22′07″N 8°25′03″O / 43.36867, -8.41737 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo1989 – 2007 Editar o valor en Wikidata

O Trofeo Juan Acuña foi un torneo futbolístico de verán, de carácter amigábel que tivo lugar na cidade da Coruña, desde 1989 ata 2007. O equipo anfitrión é o Deportivo da Coruña. A última edición disputada foi a 2007.

Historia

Juan Acuña é considerado o mellor porteiro do Deportivo da Coruña. Debutou no primeiro equipo con tan só 16 anos e gañou catro Trofeos Zamora. Tamén xogou coa Selección de fútbol de España.

Durante o verán de 1961, o club fíxolle unha homenaxe. Foi un partido entre as seleccións de Galicia e País Vasco de veteranos, seguido doutro entre o Deportivo da Coruña e o CD Ourense. En 1989, o Deportivo creou o trofeo Juan Acuña, competencia disputada ó principio de cada tempada ata 2007, cando foi suspendido. Consta dun partido entre o Deportivo e un club invitado.

Acuña asistiu ás primeiras edicións do torneo, ata a súa morte o 30 de agosto de 2001. O torneo xogouse ata agora en 18 ocasións sendo o Deportivo o gañador en 11 ocasións, entre elas unha gañada polos veteranos do Dépor ó Superdépor.

Lista de campións

Ano Campión Subcampión Resultado
1989 España Real Oviedo Galicia Deportivo da Coruña 1–1 (5–3 p)
1990 Galicia Deportivo da Coruña España Real Burgos 1–1 (4–3 p)
1991 Galicia Deportivo da Coruña España Athletic Club 1–1 (p)
1992 Galicia Deportivo da Coruña CR Flamengo 2–0
1993 Galicia Deportivo da Coruña Chile Universidad Católica 6–1
1994 España Sevilla FC Galicia Deportivo da Coruña 1–0
1995 Non se disputou
1996 Portugal FC Porto Galicia Deportivo da Coruña 1–1 (5–4 p)
1997 Galicia Deportivo da Coruña SE Palmeiras 3–1
1998 Italia AC Milan Galicia Deportivo da Coruña 1–0
1999 Galicia Deportivo da Coruña Fluminense FC 4–0
2000 Galicia Deportivo da Coruña Francia Girondins de Bordeos 2–0
2001 Galicia Deportivo da Coruña Italia Udinese Calcio 1–0
2002 Galicia Deportivo da Coruña Alemaña Hannover 96 4–1
2003 Portugal FC Porto Galicia Deportivo da Coruña 2–0
2004 FC Tokyo Galicia Deportivo da Coruña 2–1
2005 Galicia Deportivo da Coruña Inglaterra Birmingham City Torneo triangular
2006 Galicia Deportivo da Coruña (veteranos) Galicia Superdépor (veteranos) 4–2
2007 Portugal Vitória de Guimarães Galicia Deportivo da Coruña 1–1 (4–3 p)

Palmarés

Equipo Títulos Anos
Galicia Deportivo da Coruña 11 1990, 1991, 1992, 1993, 1997, 1999, 2000, 2001, 2002, 2005, 2006
Portugal Porto 2 1996, 2003
España Oviedo 1 1989
España Sevilla 1 1994
Italia Milan 1 1998
Tokyo 1 2004
Portugal Vitória de Guimarães 1 2007

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!