Thomas Jane

Modelo:BiografíaThomas Jane

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Thomas Elliott III Editar o valor en Wikidata
22 de febreiro de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Baltimore, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónThomas Sprigg Wootton High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónartista urbano, actor de dobraxe, escritor, produtor de cinema, actor de televisión, actor de teatro, actor de cinema, director de cinema, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxePatricia Arquette (2006–2011)
Aysha Hauer (1989–1995) Editar o valor en Wikidata
ParellaOlivia d'Abo Editar o valor en Wikidata
FillosHarlow Jane
 () Patricia Arquette Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0005048 Allocine: 24474 Rottentomatoes: celebrity/thomas_jane Allmovie: p223237 TCM: 351749%7C0
Facebook: ThomasJaneFanPage Twitter: thomasjane Instagram: cardcarrying_thomasjane BNE: XX1366573 WikiTree: Elliott-6136 Editar o valor en Wikidata

Thomas Jane, nado como Thomas Elliott III en Baltimore (Maryland) o 23 de febreiro de 1969, é un actor, guionista, produtor e director de cine estadounidense. É coñecido polas súas interpretacións en filmes como Deep Blue Sea (1999), The Punisher (2004), e a adaptación cinematográfica de The Mist (2007) de Stephen King. Actualmente actúa na serie de televisión The Expanse.

Biografía

É fillo de Cynthia, unha traballadora dun anticuario, e Michael Elliott, un enxeñeiro bioxenético.[1][2] Jane graduouse no ano 1987 na Thomas Sprigg Wootton High School no Condado de Montgomery, Maryland.

Traxectoria

De sempre se sentiu atraído pola comedia, e é por iso que fixo o seu debut como actor no teatro, incluíndo All My Sons, de Arthur Miller, e The Glass Menagerie do famoso dramaturgo Tennessee Williams.

Porén, Jane entrou na gran pantalla co filme indio en lingua telugu Padamati Sandhya Ragam (1986), dirixida por Jandhyala. A partir do seu primeiro papel como Zeph en Buffy the Vampire Slayer (1992) conseguiu papeis secundarios en varios filmes destacados, incluíndo The Crow (1996), Boogie Nights (1997), The Thin Red Line (1998), Thursday (1998) e Magnolia (1999). Dous anos máis tarde, actuou con Gene Hackman e Monica Bellucci en Baixo sospeita e a comedia romántica The Sweetest Thing.

A pesar de que apareceu en O cazador de soños (2003), unha adaptación dunha novela de Stephen King, e da súa carreira anterior; Jane é principalmente coñecido por interpretar a Frank Castle en The Punisher (2004), baseado no cómic de Marvel. Dende entón, a súa carreira como actor toma repouso até o ano 2008, cando interpreta, por segunda vez, un heroe de Stephen King na adaptación de Frank Darabont The Mist.

Entre 2009 e 2011, interpretou o papel principal na serie de televisión Hung. O seu personaxe Ray Drecker é un adestrador de baloncesto e pai divorciado de dous adolescentes que se atopa na obriga de explotar sexualmente o seu corpo para poder subsistir.

Filmografía

Actor

Ano Título Personaxe Notas
1987 Padamati Sandhya Ragam Chris Nos créditos como Tom Jane
1992 I'll Love You Forever... Tonight O buscavidas
1992 Buffy the Vampire Slayer Zeph
1992 Nemesis Billy Nos créditos como Tom Janes
1994 At Ground Zero Thomas Quinton Pennington Nos créditos como Tom Elliott
1996 The Crow: City of Angels Nemo
1997 The Last Time I Committed Suicide Neal Cassady
1997 Face/Off Burke Hicks
1997 Boogie Nights Todd Parker
1997 Hollywood Confidential Lee
1998 Thursday Casey
1998 The Velocity of Gary Gary
1998 Zack and Reba Sparky Stokes
1998 The Thin Red Line Private Hiram Ash
1999 Deep Blue Sea Carter Blake
1999 Molly Sam
1999 Junked Switch
1999 Magnolia Jimmy Gator (mozo) Cameo
2000 Baixo sospeita Detective Felix Owens
2001 Original Sin Bill / Walter Downs / Mephisto
2001 Eden Dov
2002 The Sweetest Thing Peter Donahue
2003 O cazador de soños Henry
2003 Stander Andre Stander
2004 The Punisher Frank Castle /
The Punisher
Nos créditos como Tom Jane
2006 The Tripper Buzz Hall Tamén produtor executivo
2007 The Mist David Drayton
2008 The Butler's in Love The Butler Curtametraxe
2008 Mutant Chronicles Sgt. Mitch Hunter
2008 Killshot Wayne
2009 Give 'Em Hell, Malone Malone
2009 Dark Country Dick Tamén director e produtor
2010 DC Showcase: Jonah Hex Jonah Hex (voz) Curtametraxe[3]
2010 Scott Pilgrim vs. the World Policía Vegan Cameo
2011 I Melt with You Richard Tamén produtor executivo
2012 LOL Allen
2012 The Punisher: Dirty Laundry Frank Castle /
The Punisher
Curtametraxe
Tamén produtor
2013 Sirius Narrador Documental
2013 Pawn Shop Chronicles O home[4]
2013 Buttwhistle Grumisch
2014 White Bird in a Blizzard Detective Scieziesciez
2014 Drive Hard Peter Roberts
2014 Heavenly Sword Loki Voz
2014 Reach Me Wolfie
2015 Vice Roy
2015 Into the Grizzly Maze Beckett
2015 Broken Horses Gabriel Heckum
2016 Standoff Carter Tamén produtor executivo
2016 The Veil Jim Jacobs
2016 Before I Wake Mark Hobson
2016 USS Indianapolis: Men of Courage Tte. Adrian Marks
2016 The World's Biggest Asshole Coleman F. Sweeney Curtametraxe
2017 Hot Summer Nights Sarxento Frank Calhoun
2017 1922 Wilfred James
2018 A.X.L. Chuck Hill
2018 The Predator Baxley
2019 Crown Vic Ray Mandel
2020 Anti-Life Admiral
2020 Salvage Home

Televisión

Ano Título Personaxe Notas
1991 She-Wolf of London Johnny Episodio: "Heart Attack"
Nos créditos como Thomas Bridgett
1995 High Tide Barry Episodio: "Barry"
1999 Jonni Nitro Brack Director
2 episodios
2001 61* Mickey Mantle Telefilme
2004 Arrested Development El mesmo Episodio: "The One Where They Build a House"
2006 Medium Clay Bicks 2 episodios
2009–2011 Hung Ray Drecker 30 episodios
2015 Texas Rising[5] James Wykoff 2 episodios
2015–presente The Expanse[6] Detective Josephus Miller / O investigador Personaxe protagonista
2019 Robot Chicken The Punisher (voz) Episodio: "Spike Fraser in: Should I Happen to Back Into a Horse"

Videoxogos

Ano Título Personaxe (voz) Notas
2004 The Punisher Frank Castle /
The Punisher
2005 Gun Colton White

Discografía

Álbums

Ano Artista Álbum Notas
2012 Rusty Blades[7][8] Don't Come Home Cantautor
Guitarrista

Bibliografía

Ano Título Notas
2005–presente Bad Planet Banda deseñada, editor e escritor con Steve Niles (1–6) e Bruce Jones (7–presente)
2007 Alien Pig Farm 3000 Banda deseñada, escritor Steve Niles e Todd Farmer
2012 Dark Country Novela gráfica, editor e director, escrito por Tab Murphy e debuxado por Thomas Ott

Notas

  1. Thomas Jane Biography (1969-)
  2. "Thomas Jane Biography - Yahoo! Movies". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2007. Consultado o 09 de agosto de 2011. 
  3. Gallagher, Brian (11 de xullo de 2010). "Jane Discusses the Jonah Hex Short Film on Batman: Under the Red Hood". MovieWeb.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020. 
  4. Paur, Joey (6 de xuño de 2012). "'Pawn Shop Chronicles' Gets Great Cast with Dillion, Fraser, Wood, Jane, and More". Geek Tyrant. 
  5. Goldberg, Lesley (12 de marzo de 2014). "Bill Paxton, Brendan Fraser Among History's All-Star 'Texas Rising' Cast". The Hollywood Reporter. 
  6. Friedlander, Whitney (14 de xullo 2014). "Thomas Jane to Star in Syfy Thriller 'The Expanse'". Variety. 
  7. "Rusty Blades – Don't Come Home 4 Song EP". Amazon.com. Consultado o 16 de marzo de 2020. 
  8. "Raw Studios Proudly Presents RUSTY BLADES. Now on iTunes!". Raw Studios. xuño de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!