The Wolf of Wall Street é un filme estadounidense dirixido por Martin Scorsese que se estreou no 2013.
Baseado nos feitos reais do corretor de bolsa neoiorquino Jordan Belfort (Leonardo DiCaprio). A mediados dos anos oitenta, Belfort era un mozo honrado que perseguía o soño americano, pero axiña aprende que o máis importante non era facer gañar ós seus clientes, senón ser ambicioso e gañar unha boa comisión. O seu enorme éxito e fortuna cando sen cumprir aínda os trinta anos valeulle o alcume de “O lobo de Wall Street”. As tentacións eran abondosas e o temor á lei era irrelevante. Jordan e a súa manda de lobos consideraban que a discreción era unha cualidade de outrora.