Margot Elise Robbie, nada en Dalby, Queensland o 2 de xullo de 1990,[1] é unha actriz australiana de cinema e televisión. Robbie comezou a súa carreira en filmes independentes australianos a finais da década do 2000. Posteriormente, formaría parte da serie de televisión Veciños (2008–2011), coa que gañou dous nomeamentos ós Premios Logie.
Despois de mudarse ós Estados Unidos, Robbie protagonizou a serie de ABC Pan Am (2011–2012). No 2013, fixo o seu debut na gran pantalla no filme de Richard Curtis About Time e protagonizou o drama biográfico de Martin Scorsese The Wolf of Wall Street. No 2015, Robbie co-protagonizou a comedia romántica Focus e apareceu no drama sobre a segunda guerra mundial Suite Française. No 2016, interpretou a Jane Porter no filme de acción e aventuras A lenda de Tarzán e a Harley Quinn no filme de superheroes Escuadrón Suicida.
Filmografía
Cine
Televisión
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas