O 6 de febreiro de 2023, un terremoto con múltiples réplicas golpeou o sur e centro de Turquía e o norte e oeste de Siria.[1][2] Ocorreu a 34 km ao oeste da cidade de Gaziantep ás 01:17 UTC, cun máximo na escala de Mercalli de XI (Extremo), e unha magnitude de polo menos Mw 7,8. O terremoto provocou danos xeneralizados e milleiros de mortos.
O terremoto tivo máis de 1 000 réplicas, incluída unha infrecuentemente poderosa de Mw 7.7 nove horas despois do sismo principal.[8] Até o 12 de febreiro notificáronse máis de 34 000 mortes; 29 000 en Turquía e 5 000 en Siria.[9][10] A Organización das Nacións Unidas teme que a cifra sexa o dobre da actual ou máis.[11] Unha gran tormenta de inverno obstaculizou os esforzos de rescate, deixando caer neve sobre as ruínas e provocando unha caída en picado das temperaturas.[12] Por mor das baixas temperaturas na área, os sobreviventes, especialmente os atrapados baixos os cascallos, correron un gran risco de hipotermia.[13][14]
Notas
↑Subramaniam, Tara; Mogul, Rhea; Renton, Adam; Sangal, Aditi; Vales, Leinz; Hammond, Elise; Chowdhury, Maureen; Vera, Amir (6 de febreiro de 2023). "6 de febreiro de 2023 Turkey-Syria earthquake news"(en inglés). CNN. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2023.
↑Global Centroid Moment Tensor, ed. (6 de febreiro de 2023). "Global CMT Catalog Search". Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2023. Consultado o 6 de febreiro de 2023.