Terminator 2: O xuízo final (en inglés: Terminator 2: Judgment Day) é un filme de acción estadounidense dirixido por James Cameron que se estreou no 1991. É a segunda parte da saga cinematográfica e a secuela de Terminator (1984). Escrito por Cameron e William Wisher, Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Linda Hamilton, Robert Patrick e Edward Furlong. Terminator 2 conta a historia de Sarah Connor (Hamilton) e o seu fillo John (Furlong) que son perseguidos por un novo e mellorado Terminator, o T-1000 feito de metal líquido (Patrick), enviado atrás no tempo para matar a John e evitar que se converta no líder da Resistencia humana contra as máquinas. O modelo menos avanzado T-800 (Schwarzenegger) tamén é enviado atrás no tempo para protexer a John.
Despois dunha problemática pre-produción caracterizada polas disputas legais, Mario Kassar de Carolco Pictures fíxose cos dereitos de propiedade da franquía na década de 1990. Isto facilitou o camiño para a realización do guión escrito polo equipo de produción liderado por Cameron, e en outubro de 1990 comezou un calendario de rodaxe de 186 días, máis curto do orixinalmente pensado. A produción de Terminator 2 requiriu un orzamento sen precedentes de máis de $94 millóns, a maioría do cal foi gastado na filmación e nos efectos especiais. O filme estreouse o 3 de xullo de 1991.
Terminator 2, un éxito en recadación e en crítica, influíu na cultura popular e especialmente nos filmes de acción e ciencia ficción.[2] Os efectos visuais inclúen imaxinería xerada por ordenador, o uso de movementos naturais humanos para unha personaxe xerada por ordenador e o primeiro personaxe xerado parcialmente por ordenador.[3] Recibiu numerosos galardóns, entre os que destacan catro Premios Oscar por maquillaxe, son, edición de son e efectos visuais.[4] Foi o filme con maior recadación de 1991, e numerosas publicacións como o American Film Institute clasificaron Terminator 2 como un dos grandes filmes de acción e ciencia ficción, e unha das mellores secuelas de tódolos tempos.
Estreouse en galego o 21 de setembro de 1996 a través da TVG.[5]
Sinopse
Sarah Connor, a nai solteira do rebelde John Connor, está ingresada nun psiquiátrico. Algúns anos antes, un viaxeiro do tempo reveláralle que o seu fillo sería o salvador da humanidade nun futuro dominado polas máquinas. Converteuse dende entón nunha especie de guerreira e educou ó seu fillo John en tácticas de supervivencia. Esta é a razón pola que está recluída nun manicomio. Cando un novo androide mellorado, un T-1000, chega do futuro para asasinar a John, un vello modelo T-800 será enviado dende o futuro para protexelo.
Personaxes
|
|
|
Schwarzenegger (2015) e Hamilton (2009).
|
|
|
|
Patrick (2014) e Furlong (2009).
|
- Voz da dobraxe galega de Antón Cancelas.
Galardóns e nomeamentos
- 1991: 4 Oscars: Mellor son, efectos de son, efectos visuais, maquillaxe. 6 nomeamentos.
- 1991: 2 BAFTA: Mellor son, efectos visuais. 3 nomeamentos.
Dobraxe ó galego
A frase A rañala, raparigo[6] (moitas veces citada erroneamente como Vai rañala, raparigo), que o Terminator pronuncia antes de acabar co T-1000, está considerada como a frase máis popular da historia da dobraxe en galego da TVG.[7] Na versión orixinal (inglés) a frase é: Hasta la vista, baby, que mostra empatía cara ao neno John Connor, que lle ensinou castelán mexicano. Na versión en castelán europeo é Sayonara, baby, porén, a frase foi mantida en castelán de América. O American Film Institute colocouna na 76ª posición na Lista das mellores 100 frases de películas de todos os tempos.[8]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Duncan, Jody; Cameron, James (2006). The Winston Effect: The Art & History of Stan Winston Studio. Londres: Titan Books. ISBN 1-84576-365-3.
- Field, Syd (1994). Four screenplays: Studies in the American Screenplay. Dell Trade. ISBN 0-440-50490-2.
- Hudson, David G.; Marsh, Ed W. (Directors) (1991). The Making of 'Terminator 2: Judgment Day' (Television production). Beverly Hills, California: Carolco Pictures.
- Andrews, Nigel (2003). True Myths: The Life and Times of Arnold Schwarzenegger. Secaucus, Nova Jersey: Carol Publishing. ISBN 1-55972-364-5.
- Cameron, James; Wisher, William (1991). Terminator 2: Judgment Day : the book of the film, an illustrated screenplay. Milwaukee, Wisconsin: Applause Books. ISBN 978-1-55783-097-5.
- Keegan, Rebecca Winters (2009). The Futurist: The Life and Films of James Cameron. Nova York: Crown Publishers. ISBN 978-0-307-46031-8.
- Shay, Don; Duncan, Jody (xullo de 1991). The Making of Terminator 2: Judgment Day. Londres: Titan Books. ISBN 978-1-85286-394-4.
Ligazóns externas
|
---|
Filmografía |
Filmes dirixidos | Filmes | |
---|
Curtametraxes | |
---|
Documentais | |
---|
| |
---|
Guionista | |
---|
Produtor | |
---|
Series de televisión | |
---|
Artigo relacionados | |
---|