Earl Oscar Boen, nado en Nova York o 8 de agosto de 1941 e falecido en Hawai o 5 de xaneiro de 2023,[1] foi un actor estadounidense.
Traxectoria
O seu papel máis coñecido foi o do psicólogo Peter Silberman en Terminator (1984). Boen tamén representou devandito papel na película Terminator 2: O xuízo final (1991), na cal Silberman traballa nun hospital mental no que Sarah Connor (Linda Hamilton) se atopa internada, e na terceira entrega Terminator 3: A rebelión das máquinas (2003).
Outras películas nas que actuou inclúen The Man with Two Brains (1983), Alien Nation (1988), The Naked Gun 33 1/3: The Final Insult (1994), e Nutty Professor II: The Klumps (2000), así como unha breve aparición en 18 Again! (1988). Tamén apareceu na serie televisiva de comedia estadounidense Alf en 1987 na primeira tempada como o xefe inmediato de William Tanner, na oficina do servizo social.
Boen retirouse da actuación en 2003, mais continuou o seu prolífico traballo como actor de voz na radio, televisión, debuxos animados, ademais de videoxogos até 2017.
Falecemento
Earl Boen faleceu o 5 de xaneiro de 2023 en Hawai por mor dun cancro de pulmón; o actor estaba recibindo tratamento contra a enfermidade dende novembro do ano anterior.[2]
Notas