Tadeusz Friedrich, nado en Nowy Sącz o 7 de xullo de 1903 e finado en Cracovia o 10 de outubro de 1976, foi un tirador de esgrima polaco, gañador de dúas medallas olímpicas.
Estudou dereito en Lviv, foi un dos mellores esgrimistas polacos de entreguerras, gañou nove compionatos nacionais. Participou nos Xogos Olímpicos de 1924 como substituto. Nos Xogos Olímpicos de 1928 logrou a medalla de bronce en sabre por equipos, repetindo nos Xogos Olímpicos de 1932 a mesma medalla na mesma proba. Casado coa atleta Felicja Schabińska, durante a segunda guerra mundial tomou parte na Insurrección de Varsovia. Despois da guerra foi un dos membros que recompuxeron a Federación Polaca de Esgrima en 1945 e foi adestrador do Krakowski Klub Szermierzy