Seymour Martin Lipset

Modelo:BiografíaSeymour Martin Lipset
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1922 Editar o valor en Wikidata
Harlem, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Condado de Arlington, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
President of the American Sociological Association (en) Traducir
1993 – 1993
Presidente American Political Science Association (en) Traducir
1981 – 1982 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Columbia - Doutor en filosofía (–1949)
City College de Nova York Editar o valor en Wikidata
Director de teseRobert Staughton Lynd (pt) Traducir, Robert K. Merton e Paul Lazarsfeld (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSocioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsociólogo, escritor, profesor universitario, politicólogo, historiador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade Columbia
Universidade Stanford
Universidade George Mason
Universidade de Toronto
Universidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista da América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoJuan José Linz, Theda Skocpol (pt) Traducir, James Coleman, Gregory M. Luebbert (en) Traducir, Amitai Etzioni (pt) Traducir e Ronit Bogler (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX929600 Dialnet: 184572

Seymour Martin Lipset, nado en Nova York o 18 de marzo de 1922 e finado en Arlington o 31 de decembro de 2006, foi un sociólogo e politicólogo estadounidense especializado na socioloxía política e que tamén estudou a organización das organizacións sindicais, a estratificación social, a opinión pública e a socioloxía da vida intelectual, tamén escribiu amplamente sobre as condicións para a democracia desde unha perspectiva comparada

Traxectoria

Fillo de inmigrantes xudeus rusos, graduouse no City College of New York, onde militou en organizacións da esquerda antiestalinista e chegou a ser o presidente nacional da Liga da Mocidade Socialista, mocidades do Partido Socialista, forza que deixou en 1960 [1], describíndose desde entón como centrista, fortemente influenciado por figuras como Alexis de Tocqueville, George Washington, Aristóteles e Max Weber. En 1949 doutorouse en socioloxía na Universidade de Columbia in 1949 e xa antes dera clases na Universidade de Toronto, e posteriormente nas universidades de Columbia e Berkeley. Foi profesor de ciencias políticas e socioloxía na Universidade Stanford (1975–1990) e profesor de goberno e socioloxía na Universidade Harvard.

Lipset foi membro da Academia Nacional de Ciencias e foi a única persoa en ser presidente tanto da American Sociological Association (1992–93) como da American Political Science Association (1979–80), e mais foi tamén presidente da International Society of Political Psychology, a Sociological Research Association, a World Association for Public Opinion Research e a Society for Comparative Research e da Sociedade Paul F. Lazarsfeld en Viena.

Lipset foi un activista en diferentes causas, foi director do United States Institute of Peace, membro do consello de goberno do Albert Shanker Institute, copresidente do Comité para unha UNESCO Efectiva e conselleiro do National Endowment for the Humanities, the National Humanities Institute, o National Endowment for Democracy e o American Jewish Committee. Foi presidente de American Professors for Peace in the Middle East, xefe do B'nai B'rith estadounidense. Traballou durante anos en procurar unha solución para o conflito palestino-israelí.

Obras

Notas

  1. Seymour Martin Lipset Steady Work : An Academic Memoir Annual Review of Sociology, Vol. 22, 1996, p. 1-27

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!