San Salvador de Búbal é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 31 habitantes (17 homes e 14 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 199 cando tiña 37 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 25 habitantes. En 2016 seguían sendo 25, 12 homes e 13 mulleres, segundo INE.
Toponimia
O topónimo (haxiotopónimo) ten a base no latín Sanctus Salvator. Búbal é o nome do río, afluente do Miño, de orixe incerta. Pode derivar do apelativo grecolatino bubalus (búfalo) ou do antropónimo Bubalus, de orixe teriomórfica.[2].
Patrimonio
A igrexa parroquial data dos primeiros anos do século XVIII.[3]
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de San Salvador de Búbal
Parroquias de Carballedo
Véxase tamén
Outros artigos