A rúa de Juan Flórez é unha rúa da Coruña. Serviu de tradicional saída da cidade, bordeando o Primeiro Ensanche.
Está situada entre a praza de Pontevedra e a avenida de Alfonso Molina.
A rúa era coñecida como Estrada de Castela e Camiño Novo e xa nos planos do século XVIII aparecía o seu trazado. O nome actual recibiuno en 1900 como homenaxe a Juan Flórez, alcalde da cidade a mediados do século XIX.
Ata a década de 1930 conservou árbores na marxe esquerda, que viñan da época de Carlos III.[1]
Na rúa estivo situado ata 1968 o Leirón do Sporting Club Casino, onde se organizaban verbenas e se practicaban numerosos deportes,[2][3] e, entre 1920 e 1969, o Salón Doré.[4] Tamén estivo a fábrica da importante industria téxtil La Primera Coruñesa, que tiña unha alta cheminea.[5][6]
Paralelo á praza do Libro estaba o Colexio Dequidt, institución laica de ensino, que desapareceu na década de 1960[1] e dende 1915 atópanse na rúa as Escolas Labaca.[7]
Dos chalés que houbo na rúa de Juan Flórez só perdura o Chalé Escudero. Porén, consérvanse algúns edificios destacados, algúns deles catalogados:[8]