Roséola epidémica, sarampelo alemán, terceira doenza ou terceira enfermidade
Especialidade
viroloxía, infectoloxía, pediatría
Síntomas
Febre baixa, exantema (erupción cutánea), ganglios linfáticos inchados, dor de garganta
Complicacións
Artrite, encefalite, síndrome de rubéola conxénita (nas mulleres embarazadas)
Inicio habitual
2-3 semanas despois da exposición ao virus
Duración
2-3 días (a erupción)
Causas
Infección polo virus da rubéola (Rubivirus rubellae)
Factores de risco
Contacto próximo con unha persoa infectada; non estar vacinado
Diagnóstico
Exame clínico, análise de sangue para detectar anticorpos
Condicións semellantes
Sarampo, roseola, escarlatina
Prevención
Vacinación (vacina MMR), lavado frecuente das mans
Tratamento
Xeralmente, o tratamento é de soporte (repouso, líquidos, medicamentos para reducir a febre)
Prognose
Boa en nenos e adultos; pode ser grave se ocorre durante o embarazo
Frecuencia
Moi reducida en áreas con alta cobertura de vacinación; erradicada en América
Mortes
Moi raras, xeralmente asociadas a complicacións graves
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
A rubéola,[1] tamén coñecida como roséola epidémica e sarampelo alemán[2] e antigamente como terceira enfermidade ou terceira doenza é unha enfermidadevírica causada polo Rubella virus.
Nomes
Etimoloxía de rubéola e sinónimos
Rubéola: do latínrubeus (roxo, rubio ou vermello), á súa vez da raíz preindoeuropea *reudh- referida á cor cálida.[3][4] O nome fai referencia ás manchas arroxadas características que aparecen na pel dos afectados.
Roséola: provén tamén do latín roseus (cor rosa) coa mesma orixe preindoeuropea. A roséola epidémica é un sinónimo para rubéola, pero o nome tamén se aplica a erupcións cutáneas causadas por virus diferentes, como a roséola escarlatina ou cuarta enfermidade.
A enfermidade chámase tamén sarampelo alemán por ter unha erupción vermella similar ao xarampón e foi descrita por primeira vez en detalle polos médicosalemáns.[5] Diminutivo de sarampo, a orixe desta palabra é pouco clara. Segundo Martín Sarmiento proviría dunha verba derivada de reptar ou serpear, outras hipóteses máis novas suxiren "zaramphus", "zaré", "sirimpio" e "syringio".[6][7]
Denominacións numéricas
As denominacións "terceira enfermidade" ou "cuarta enfermidade" derivan dunha clasificación histórica das enfermidades exantemáticas (con erupcións cutáneas) da infancia. Noutros tempos, sen medios diagnósticos avanzados, as enfermidades foron numeradas baseadas na súa aparición e características clínicas:
Primeira: Xarampón, causada polo virus do sarampo (Morbillivirus)
Segunda: Escarlatina, causada pola bacteria Streptococcus pyogenes.
Terceira: Rubéola.
Cuarta: "Roséola escarlatina",[2] ou doenza de Filatov-Dukes, considerouse unha forma atípica de escarlatina. A súa existencia como entidade separada é cuestionada por expertos que a consideran unha manifestación atípica da rubéola ou doutro virus exantemático.
Quinta: Eritema infeccioso, causada polo parvovirus B19.
Sexta: Roséola infantil ou exantema súbito é causada polo virus do herpes humano 6, HHV-6, e ás veces polo HHV-7
A medida que a medicina avanzou, estas designacións numéricas foron perdendo relevancia en favor dos nomes específicos, pero aínda se atopan en contextos pediátricos.[8]
Contaxio
O virus adoita entrar no corpo polo nariz ou a gorxa. Como a maioría dos virus que viven ao longo do tracto respiratorio, transmítese de persoa a persoa por pequenas gotículas no aire que se exhalan.
A rubéola tamén se pode transmitir dunha nai xestante ao seu feto a través da placenta. Isto pode ser moi perigoso para o feto, especialmente se a nai ten rubéola no inicio do seu embarazo. A rubéola pode causar xordeira, problemas cardíacos, discapacidade intelectual e moitos outros problemas no desenvolvemento fetal.[9]
A miúdo é leve e un ataque pode pasar desapercibido. Non obstante, isto pode facer que o virus sexa moi difícil de diagnosticar. A enfermidade pode durar 1-5 días. Os nenos recupéranse máis rápido que os adultos.